domingo. 26.05.2024

Dentes fóra

Despois de sete anos sen ir ao dentista, a miña volta a ese mundo fixo que meu sentimento de estar facendo as cousas ben desaparecera de súpeto. Ata que non volvín, a verdade, pensaba que estaba facendo o que tocaba; pois se non me doía ningún dente, para que deixarme caer por alá de cando en vez como me dicían?

Despois de sete anos sen ir ao dentista, a miña volta a ese mundo fixo que meu sentimento de estar facendo as cousas ben desaparecera de súpeto. Ata que non volvín, a verdade, pensaba que estaba facendo o que tocaba; pois se non me doía ningún dente, para que deixarme caer por alá de cando en vez como me dicían?

Pero ante a dúbida de se unha dor na boca que me tivo alporizado vinte días era por unha ferida na garganta ou un dente, volvín ao dentista por se acaso; caendo na conta de que a estratexia de fuxida utilizada foi un fracaso porque a causa da dor -en contra do que cría- era dos dentes.

Decatarme desta realidade foi unha grande cura de humildade pois, ao pouco de chegar, o dentista xa me tiña dito que tiña que sacarme tres dentes e facerme unha limpeza xeral para que non caeran máis. E, sen dubidalo, mandoume a facer unha radiografía tridimensional bucal a un centro próximo ao que fun pitando.

Ao chegar alá volvín a quedarme con cara de parvo, pois a técnica díxome moi seria que para que a radiografía saíra ben puxera o ombro cara abaixo e a lingua para dentro, sorrindo á vez. Debido  a que non entendín a súa mensaxe, tivo que repetila dúas veces, decatándome logo que o de sorrir era só para o principio e non durante os dous longos minutos que estiven sorrindo diante do aparato de raios X como se estivera nunha festa.

Cando á semana seguinte volvín ao dentista, ata que non aprendín, tivo que recordarme varias veces que tivera a boca aberta e a lingua sen forzar porque senón non podía ver nada.

Na terceira visita, despois de tomar un antiinflamatorio durante varios días para evitar a dor, o dentista -que por certo é moi bo- atacou a moa do xuízo pero só saíu a metade, rematando a faena na sesión seguinte.

A dor que produce ir ao dentista despois de non pisalo durante anos non ten nada que ver co que pasaba antes, pero durante as sucesivas sesións tiña a sensación de que me metían un taladro na boca. Igual que os paxaros que gozan arrancando e comendo piollos e garrapatas da pel dos bufalos e estes déixanos facer porque lles convén.

Agora mesmo, despois de sacarme á moa do xuízo, estamos con limpezas, aínda que o vindeiro martes toca botar fóra unhas raíces; quedando pendentes de sacar dous dentes máis.

Cando o dentista preme coa sonda nos meus dentes, mentres procuro ter ben aberta a boca e a lingua quieta, para distraerme penso que son un bufalo cos paxaros dándose un festín comendo o que hai na miña boca sen piedade. Aínda que as veces os maldigo por dentro e dígolles que son uns aproveitados e eu nunca faríalle iso a ninguén. Pero de momento, aínda que somos amigos, prefiro non contarlle nada disto ao dentista. Mellor comentarllo unha vez acabe todo.

Dentes fóra
Comentarios