Bye, bye London
A primeira vez que estiven en Londres foi pola celebración do meu suposto 60 aniversario. Digo suposto porque aínda que ao chegar ao hotel miña irmá Montse dixo que esa viaxe era o agasallo familiar polos 60 e deixáronme un pastel na habitación, máis adiante caín na conta de que realmente tiña cumprido 59. Miúda cantada!
Na segunda viaxe que fixéramos a Londres hai pouco, Montse foi quen volveu a preparar o plan que faríamos cada día; pois encántalle buscar os sitios onde poderíamos ir e o fai igual ou mellor que unha guía turística.
O hotel onde nos aloxamos estaba preto de Victoria Station, o cal facilita moito as comunicacións. Igual que ter reservadas as entradas para os musicais de The Lion King e Wicked; aínda que deste último non entendemos case nada porque previamente limos un resumo de O Mago de Oz crendo que trataba sobre este cando non era así.
O primeiro día fomos o British Museum onde, aínda que a web din que é de balde, acabamos pagando 31 libras cada un porque mentres un garda da museo dicía -berrando- que as entradas estaban esgotadas e xa non se podía entrar, outro informaba que se podía pagando. Loxicamente pagamos, pois ver o Partenón e a Pedra rosetta é espectacular.
Tamén fomos ao Tate Modern, onde vimos os debuxos de Pop art de Marilyn Monroe, que Montse quería ver outra vez; e a Hyde Park, onde puidemos ver a estatua de Peter Pan pero non a fonte dedicada a Diana de Gales. A máis puidemos ver un esquío ao que perseguía un can, que se zafou del subindo a unha árbore, e logo dous máis; o cal encheu de ledicia a Montse porque dixo que veríamos uns cantos e eu dicíalle que era pouco probable.
A viaxe en barco polo Támesis foi fantástico, igual que visitar Saint Paul´s Cathedral e asisitir a misa en Westminster Cathedral. Tamén fomos á Torre de Londres, Portobello Road Market, Candem Marquet e a probar algo en Lindt Chocolate Shop. Con Buckinghan Palace tiveramos mala sorte porque, aínda que había moita xente, ese día non houbo o famoso cambio de garda.
Un día que ceamos nun sitio de comida asiática no que o dono cobraba os pratos envasados que collías e logo sentabas nunha mesa e o dono foi á cociña, un mozo cunha capucha entrou correndo levándose un prato. Ao volver o dono viuno cando xa estaba saíndo pola porta, limitándose a dicir: “He needs food” (necesita comida). Contounos que algunha vez avisou á policía, quedando impresionados polo seu comentario.
Na viaxe en tren a Cambrigde vimos cousas moi bonitas, aínda que non puidemos entrar nos colleges porque soamente poden visitarse cun guía e o prezo de cada billete de ida e volta do tren e do bus turístico saíunos por un ollo da cara -62 e 17 libras-.
O último día Montse entrou nunha libraría para mercar O Diario de Noa en inglés porque é o seu libro preferido, pero non o tiñan; e sen que me decatara comproume Peter Pan en inglés, sabendo que me encantaría. Que gran detalle!
En Notting Hill, onde rodouse unha película protagonizada por Julia Roberts, gozamos vendo as súas rúas cheas de pequenas casas pintadas de cores diferentes.
A xente en Londres é moi educada e a integración de xente procedente de distintos países que vive alí chamounos moi positivamente a atención. Ao día seguinte de volver a Santiago enviei por Amazón a Montse a Sabadell O Diario de Noa en inglés, acadando que chegara antes de que o encargara. Que menos despois da inesquecible viaxe que preparou con seis meses de antelación!