miércoles. 01.05.2024

Xoana de Arco

Cando escribo estas liñas, aínda é 30 de maio, festividade de Santa Xoana de Arco, unha muller literalmente alucinante, tanto que Mark Twain –quen non era sospeitoso de reaccionario, aínda que As aventuras de Huckleberry Finn vén de ser cancelado nos EEUU polo seu uso da palabra “nigger”, malia ser claramente un libro antirracista– dixo dela que era, “con diferenza, a personalidade más extraordinaria endexamais producida pola raza humana”. Desde logo, para min supón un excelente exemplo de feminismo para o mundo de hoxe, e non eses que nos propoñen quen, simulando loitar pola muller, son os seus maiores inimigos.

Sempre manifestara admiración pola figura de Xoana, pero o meu interese aumentou cando vin a película sobre a súa vida dirixida en 1999 por Luc Besson e protagonizada por unha fermosísima Milla Jovovich, malia o seu corte de pelo ao garçon. Xoana é o personaxe relixioso máis representado no cinema despois de Xesús de Nazaret, sen dúbida por esa fascinación que ten exercido sempre sobre a humanidade. Ocupáronse dela directores da categoría de Carl Theodor Dreyer, Robert Bresson, Roberto Rossellini, Otto Preminger, Cecil B. DeMille ou Victor Fleming, mais o mellor de todos os filmes sobre a santa é A paixón de Xoana de Arco (1928), de Dreyer, con Maria Falconetti no papel protagonista. Por certo que Ingrid Bergman encarnou dúas veces a Xoana na gran pantalla.

É literalmente alucinante –como dicía ao comezo deste artigo– que unha muller –case unha nena: daquela tiña 14 anos– campesiña e analfabeta, impelida por unha sopostas visións do Arcanxo San Miguel, de Santa Margarida e mais de Santa Catarina de Alexandría, puidese, primeiro, convencer o comandante Robert de Baudricourt de que a levase escoltada perante o príncipe Carlos, que aínda non fora coronado como Carlos VII; e, segundo –moito máis alucinante aínda– que convencese a este de que só ela podía levantar o sitio dos ingleses sobre Orleans –estabamos ao final da Guerra dos Cen Anos, no século XV, nunha Francia ocupada por Inglaterra– e conducilo a Reims para a súa coroación. E, xaora, non menos alucinante que a seguir derrotase os ingleses.

Mais a traición sempre axexa os heroes e o 23 de maio de 1430 Xoana foi capturada en Compiègne polos borgoñóns, un grupo de nobles franceses aliados cos ingleses, que a entregaron a estes. Procesada por un tribunal eclesiástico por herexía e travestismo –algo absurdo porque vestirse de home fora só unha lóxica medida de prudencia para protexerse da violación ao atravesar o territorio hostil de Borgoña– e declarada culpable, foi queimada na fogueira en Ruan o 30 de maio de 1431, cuando tiña 19 anos. Vinte e cinco anos despois, un tribunal inquisitorial autorizado polo papa Calixto III examinou o seu xuízo, anulou os cargos na súa contra, declarouna inocente e nomeouna mártir. Foi beatificada en 1909 e canonizada en 1920, ano en que Francia a proclamou a súa patrona.

O final de Xoana déixanos dúas leccións. A primeira, o valor e a humildade da Igrexa para recoñecer a súa inxustiza. A segundo dánola a propia Xoana: o ser humano –todo ser humano– é grande de alma dabondo como para non deixar de loitar e sacrificarse polo que cre e ama.

Santa Xoana de Arco, guíanos nas nosas batallas.

Xoana de Arco
Comentarios