lunes. 05.12.2022

Salón Grand Pavois de La Rochelle, captar turistas náuticos

A presidenta do ente autonómico sinalou a importancia dos tránsitos de orixe francés para o sector náutico galego pois é o principal país de orixe das embarcacións que recalan cada ano nos portos galegos. De feito, no primeiro semestre deste 2022 o 28% dos tránsitos chegados á comunidade procederon deste país. 
A presidenta de Portos de Galicia asiste ao Salón Grand Pavois de La Rochelle, a feira de referencia no mercado atlántico, onde a comunidade conta cun posto de promoción do sector e o sistema portuario autonómico.
A presidenta de Portos de Galicia asiste ao Salón Grand Pavois de La Rochelle, a feira de referencia no mercado atlántico, onde a comunidade conta cun posto de promoción do sector e o sistema portuario autonómico.

A Xunta de Galicia, a través de Portos e Turismo de Galicia, está presente hoxe no Salón Grand Pavois de La Rochelle co obxectivo de afondar na captación de turismo náutico procedente de Francia, o mercado prioritario no conxunto dos tránsitos que recibe anualmente a comunidade. Así, a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, destacou a gran oportunidade que supón este evento referente do mercado náutico na franxa atlántica, no que a Xunta conta cun posto para a promoción do sector e o sistema portuario autonómico.

A presidenta do ente autonómico sinalou a importancia dos tránsitos de orixe francés para o sector náutico galego pois é o principal país de orixe das embarcacións que recalan cada ano nos portos galegos. De feito, no primeiro semestre deste 2022 o 28% dos tránsitos chegados á comunidade procederon deste país. A este respecto, o obxectivo da Administración autonómica é consolidar este mercado e Galicia como escala estratéxica nas rutas de navegación entre o norte de Europa e o Mediterráneo.

Ademais, a Xunta de Galicia promociona nesta feira a proposta do Camiño por mar, a peregrinación a vela ata os portos galegos para conectar desde eles coas rutas oficiais do Camiño de Santiago. De feito, a representación galega aproveitou a súa presenza no salón para participar na presentación da IX edición de Navega o Camiño, a peregrinación a vela entre La Rochelle e Galicia do vindeiro mes de xuño e que o ano pasado achegou unha trintena de embarcacións ás costas galegas.

O Grand Pavois é a cita sectorial de maior importancia da franxa atlántica en Europa con arredor de 80.000 visitantes en cada edición. Máis de 800 expositores ocupan os 100.000 metros cadrados da feira nesta edición, que chega ao seu 50 aniversario e que conta con 200 xornalistas internacionais acreditados.

Salón Grand Pavois de La Rochelle, captar turistas náuticos
Comentarios