sábado. 04.05.2024

Nomeados novos comendadores da Festa do Cocido de Lalín

Nesta edición tamén foron elixidos como novas e novos comendadores a empresaria lalinense Clara Rodríguez Pájaro; o embaixador da Arxentina en España, Ricardo Alfonsín; a xornalista de TVG Noelia Rey; o director de La Vuelta a España (Unipublic), Javier Guillén; a presidenta da asociación Carabelo, Valentina Díaz; e o humorista e actor Xosé A. Touriñán.
O presidente da Xunta participou na LV Feira do Cocido de Lalín, que tivo o xornalista José Ribagorda como pregoeiro desta edición.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor hoxe o importante papel da calidade gastronómica que ofrece Galicia como un dos factores clave do éxito turístico que rexistra a nosa comunidade, tal e como apuntou que demostra o récord de turistas rexistrados en 2022, con 6,5 millóns de viaxeiros e 12,5 millóns de pernoctacións.

O mandatario galego salientou estes datos durante a LV Feira do Cocido de Lalín, declarada Festa de Interese Turístico Internacional, e que nesta edición tivo como pregoeiro ao xornalista de Telecinco José Ribagorda, ademais de ser distinguido como un dos novos comendadores.

Comentarios