sábado. 20.04.2024

Escape Room, difundir as rutas e os valores xacobeos

 Antes de chegar a Samos o escape room pasou xa por Betanzos, Ourense e Vigo para promocionar o Camiño Inglés, a Vía da Prata e o Camiño Portugués da Costa respectivamente. Agora o escape room no albergue de Lusío en Samos contribuirá a promover os valores xacobeos e o Camiño Francés.
A directora de Turismo, Nava Castro, presentou hoxe no albergue de peregrinos de Samos xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o xogo de escapismo, que acollerá varias sesións da segunda fase desta iniciativa.
A directora de Turismo, Nava Castro, presentou hoxe no albergue de peregrinos de Samos xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o xogo de escapismo, que acollerá varias sesións da segunda fase desta iniciativa.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o albergue Casa Forte de Lusío de Samos para presentar a iniciativa Escape Room Camiño de Santiago, enmarcada na programación do Xacobeo 21-22, que  busca difundir os valores xacobeos arredor do Camiño de Santiago. Deste xeito, fomentarase o turismo familiar mediante un xogo de escapismo con diferentes probas para completar unha misión baseada nos coñecementos sobre a ruta xacobea e o Ano Santo.

Na súa visita a Samos, Nava Castro destacou o éxito desta iniciativa, con moitas solicitudes de participación, como unha “mostra da difusión cultural, deportiva, espiritual, de investigación ou incluso lúdica que se xera arredor do Camiño de Santiago”.

A directora de Turismo de Galicia tamén indicou que esta actividade pretende fomentar o traballo en equipo e o desenvolvemento de coñecementos no que se refire á ruta xacobea para todas as idades.

O programa xa se levou a cabo en Betanzos, Ourense e Vigo, para promocionar o Camiño Inglés, a Vía da Prata e o Camiño Portugués da Costa e agora centrarase no Camiño Francés

Este programa vense desenvolvendo durante as fins de semana, de venres a domingo, ao longo deste mes e rematará o 22 de maio. Tamén houbo sesións hoxe e outras mañá. Antes de chegar a Samos o escape room pasou xa por Betanzos, Ourense e Vigo para promocionar o Camiño Inglés, a Vía da Prata e o Camiño Portugués da Costa respectivamente. Agora o escape room no albergue de Lusío en Samos contribuirá a promover os valores xacobeos e o Camiño Francés.

Xa son 80 as  sesións comprometidas, cunha hora de duración cada unha. Debido ao éxito desta iniciativa, a Xunta estudia o posibilidade de ampliala.

Os interesados en participar teñen que facelo en grupos de máximo seis persoas maiores de 6 anos e contan en todo momento cun director de xogos e un monitor. Para inscribirse só terán que enviar un correo electrónico ao enderezo . As solicitudes de inscrición deben presentarse na dirección de correo electrónico .

Escape Room, difundir as rutas e os valores xacobeos
Comentarios