jueves. 18.04.2024

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, visitou hoxe en Santiago a feira Sabor a Artesanía, un evento que se celebra no Hotel NH Collection. Neste encontro, que conta co apoio da Fundación Artesanía de Galicia, participan un total de 33 obradoiros artesáns de 14 oficios distintos como a xoiaría e bixutería, o coiro, a talla de madeira, a cerámica e olería e os complementos de moda, así como instrumentos musicais, colareiras, decoración de teas, téxtil, calceta, bordados e arranxos florais.

Entre os talleres de Artesanía de Galicia que participan no evento, encóntranse os obradoiros de cerámica e olería Alén das Olas (Marín), Arobe Cerámica (A Coruña), Fani Sánchez Barreiro (A Coruña), Hollymara (Vigo), Magma (Marín), Manuel Figueiras (Muros), Misoco (Vigo), Olería do Batán (Baños de Molgas) e Unzueta Cerámica (Brión). A xoiería e bixutería estará representada por Brigantia Orfebres (Santiago de Compostela), Leónlagata (Sanxenxo), Latontaylarubia (Santiago de Compostela), Laura Triñanes (Santiago de Compostela) María Aba (Ourense), Milena Colella (Santiago de Compostela), Noga Art’s (Santiago de Compostela) e Paseloqpase (Ribadumia).

En representación do sector da madeira está Ilextalla (Santiago de Compostela); Jatafarta (Santiago de Compostela) e Tres Caracoles (Lugo) leva produtos de coiro; Os Alegres (Pontevedra) instrumentos musicais; Floriforma (Teo) presenta os seus arranxos florais; e os xoguetes son de Lucecús (Guitiriz) e Boneco Tolo (Santiago de Compostela).

Os obradoiros de téxtil son Pécora (Negreira), Boina Galega (Santiago de Compostela), Io Obradoiro Téxtil (Santiago de Compostela), e Isabel e a Arte (Vilalba). Tamén se expoñen complementos de Muchachicha (Cotobade), Conloquetengo (As Pontes de García Rodríguez) e da colareira Montse Betanzos (O Grove), así como o traballo de decoración en tea de Telartesán (Ourense) e os bordados de Variopinto (Santiago de Compostela) .

Ademais dos postos de artesanía, esta feira conta tamén coa celebración de talleres abertos a todas as idades de cianotipias e marmolado, impartidos por os artesáns María Xosé Martínez, Jose A. Carrera González e Rebeca Rodríguez. A música en vivo corre a cargo de Momboi.
 

Sabor a artesanía