miércoles. 24.04.2024

Planta de metanol verde en Mugardos

Unha planta de metanol verde en Mugardos, na que prevé investir máis de 130 millóns de euros. Baixo a previsión de que estea rematada en 2025, Feijóo salientou que esta planta, coa que se crearán 120 empregos, non só redundará no uso de biocombustible senón que suporá unha oportunidade para xerar riqueza na contorna, atraendo novos investimentos.

Mugardos. A Coruña
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acom





pañado do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitan a empresa Forestal del Atlántico.
Mugardos. A Coruña O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acom pañado do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitan a empresa Forestal del Atlántico.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que o Consello da Xunta de mañá xoves aprobará a declaración como iniciativa empresarial prioritaria do proxecto que promove Forestal del Atlántico para construír unha planta de metanol verde en Mugardos, na que prevé investir máis de 130 millóns de euros.

Baixo a previsión de que estea rematada en 2025, Feijóo salientou que esta planta, coa que se crearán 120 empregos, non só redundará no uso de biocombustible senón que suporá unha oportunidade para xerar riqueza na contorna, atraendo novos investimentos.

“Estamos a falar dunha iniciativa respectuosa co medio, que reduce as emisións de gases de efecto invernadoiro, que contribúa á descarbonización do sector industrial e co que se inviste en Galicia”, dixo, precisando que o obxectivo é fabricar o metanol verde -ata 40.000 toneladas ao ano-, a partir do dióxido de carbono capturado nas actuais instalacións da empresa. Ademais de producir hidróxeno usando enerxía eléctrica de orixe renovable e obter durante o proceso osíxeno que se licuará e almacenará para a súa comercialización -ao redor de 60.000 toneladas anuais-.

Durante unha visita ás instalacións desta empresa, o presidente da Xunta recordou que nesa aposta por converter Galicia nun referente neste camiño cara á un futuro máis verde, a Comunidade conta cunha forte candidatura ao Perte de renovables, con iniciativas que poderían chegar a mobilizar un total de máis de 3.800 millóns de euros -esta planta de metanol, a construción dunha planta de xeración de hidróxeno verde e outra de biometano, por exemplo-.

AXENDA ENERXÉTICA

Se ben Galicia leva anos traballando a prol das renovables, con datos que avalan o éxito deste esforzo -en 2021 a Comunidade foi a segunda con máis xeración de enerxía de orixe renovable-, Feijóo resaltou que o Goberno galego xa está a traballar na Axenda Enerxética 2030, co fin de definir os obxectivos e oportunidades que se lle abren á industria galega neste contexto de transición enerxética.

Así, esta axenda pivotará sobre principios como a integración das fontes renovables no mix enerxético; a mobilidade eficiente; o aforro e a eficiencia enerxética; a economía circular; os biocombustibles e gases de orixe renovable e a innovación tecnolóxica. “E para conseguilo, a previsión é mobilizar 1.300 millóns público-privados, durante os próximos tres anos (2022-2024)”, lembrou.

Planta de metanol verde en Mugardos