martes. 28.05.2024

Cada persoa traballadora autónoma poderá contar cun mentor que os asesore ante as novas necesidades do mercado

Unha nova edición do programa Mentoring da Xunta, de apoio aos traballadores autónomos, arrancará en setembro coa participación de 212 profesionais deste colectivo. O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, mantivo unha xuntanza cos representantes da Fundación Ronsel, que colaboran co desenvolvemento desta actuación enfocada a axudar ás persoas traballadoras por conta propia na adaptación ou transformación dos seus negocios.

Unha nova edición do programa Mentoring da Xunta, de apoio aos traballadores autónomos, arrancará en setembro coa participación de 212 profesionais deste colectivo. O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, mantivo unha xuntanza cos representantes da Fundación Ronsel, que colaboran co desenvolvemento desta actuación enfocada a axudar ás persoas traballadoras por conta propia na adaptación ou transformación dos seus negocios.

A iniciativa permite que cada persoa traballadora autónoma conte cunha mentora ou mentor que os asesore ante as novas necesidades do mercado.  Entre as actividades que ofrece o programa destacan obradoiros de formación e a celebración de encontros para intercambiar experiencias. Así mesmo, a iniciativa da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade inclúe actividades para incrementar os contactos profesionais de cada autónomo.

Apoiar a consolidación da actividade económica das persoas traballadoras autónomas, acompañalas na adaptación ou transformación dos seus negocios ás necesidades de mercado e á situación actual, e contribuír, mediante melloras nas áreas de xestión e outras, ao incremento dos seus contactos profesionais e a súa actividade económica é o reto desta iniciativa autonómica.

A maior parte das persoas participantes proceden das provincias da Coruña e Pontevedra e son mulleres. O tramo de idade predominante das e dos autónomos que participarán nesta nova edición do programa é entre os 30 e os 49 anos; na súa gran maioría contan con estudos universitarios ou mestrado; e a antigüidade dos seus negocios supera os 42 meses. Por sectores de actividade, as empresas dos participantes pertencen ao sector de servizos ás firmas e ás persoas e os traballadores solicitan apoio para a comunicación e márketing, vendas, administración e finanzas ou dirección, estratexia e planificación.

Este programa axudou en 2022 a un total de 200 profesionais autónomos de Galicia a reducir os riscos na súa actividade profesional, recibindo acompañamento para a consolidación dos seus negocios co reto de contribuír, mediante melloras nas áreas de xestión, ao incremento dos seus contactos profesionais e ao aumento da súa competitividade.

O 90 % das persoas que tomaron parte na edición pasada afirmaron que a súa empresa mellorou “moito ou bastante” nas áreas nas que recibiron apoio por parte das persoas mentoras e preto do 70 % destacaron que a raíz do programa tomaron “algunha decisión importante” no seu negocio. Máis do 86 % consideraron que a relación establecida cos seus mentores foi “moi boa” e o 96,3 % cualificaron como de “moi o bastante útil” o acadado coa súa participación no proxecto.

O colectivo dos autónomos é prioritario para a Administración autonómica: cun 19,96 %, Galicia é a primeira comunidade autónoma con maior peso deste colectivo (no Estado representa o 16,07 %). Se falamos de mulleres, a comunidade ocupa a segunda posición con maior porcentaxe de traballadoras neste réxime cun 40,85 %, só por detrás de Baleares (41,17 %).

Cada persoa traballadora autónoma poderá contar cun mentor que os asesore ante as novas...
Comentarios