martes. 19.03.2024

240 solicitudes de pemes e autónomos para promover plans de internacionalización

As axudas, de concorrencia non competitiva, cobren ata un máximo do 80% dos gastos e investimentos necesarios para desenvolver e implementar o plan de internacionalización dixital, situándose entre os 18.000 e 100.000 euros, agás no caso de empresas do sector da produción agraria e da pesca, nas que o gasto subvencionable mínimo pode ser igual ou superior a 14.000€, cun máximo de 37.500€ no caso de empresas do sector da pesca e de 25.000€ para as de produción agraria.

A nova convocatoria do programa Galicia Exporta Dixital, que conta este ano cun orzamento de 4,4M€, vén de pechar o prazo de presentación de solicitudes tras recibir 240 de pemes e autónomos galegos para impulsar plans de internacionalización en máis de 80 países.  

Deste xeito, a Xunta de Galicia mantén a cooperación co tecido produtivo na procura de apoiar a expansión internacional das empresas galegas—especialmente pemes—, a través de novas canles de comercialización partindo de ferramentas dixitais innovadoras. Neste sentido, cómpre salientar que o 53% das solicitudes recibidas correspóndense con microempresas, preto do 35% son pequenas empresas, e o 12% restante, medianas.

As axudas, de concorrencia non competitiva, cobren ata un máximo do 80% dos gastos e investimentos necesarios para desenvolver e implementar o plan de internacionalización dixital, situándose entre os 18.000 e 100.000 euros, agás no caso de empresas do sector da produción agraria e da pesca, nas que o gasto subvencionable mínimo pode ser igual ou superior a 14.000€, cun máximo de 37.500€ no caso de empresas do sector da pesca e de 25.000€ para as de produción agraria.

Neste sentido, cómpre salientar o comercio, a industria agroalimentaria e a metalmecánica como os sectores cunha maior porcentaxe de solicitudes, sumando entre os tres máis do 50% das propostas recibidas.

Os apoios da Vicepresidencia segunda e consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través do Igape, permitirán aos beneficiarios acometer actuacións de consultoría, como diagnóstico de potencial exportador dixital, plans de internacionalización dixital multicanle, plans de mercados electrónicos concretos ou a cobertura de gastos de asesoría xurídica e legal para a internacionalización dixital. Tamén adquirir software relacionado con solucións tecnolóxicas para crear, xestionar e conectar catálogos dixitais internacionais, programación a medida, solucións de analítica ou intelixencia automatizada, así como de inbound márketing ou mesmo crear e adaptar tendas online.

Con esta liña preténdese apoiar a transformación dixital do tecido empresarial galego para favorecer o aforro de recursos, a simplificación dos procesos e a apertura de novas canles de comercialización de produtos e servizos que faciliten o acceso a clientes e mercados de todo o mundo.

áis de 330 plans de internacionalización encamiñados á promoción das empresas e os seus produtos en máis de 90 países, por importe de preto de 12M€. Así mesmo, compleméntase coas liñas Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Organismos Intermedios, que contan cun orzamento de 7,5M€ e teñen aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o vindeiro 24 de maio.  

ESTRATEXIA

Esta serie de accións enmárcanse na nova Estratexia de Internacionalización de Galicia, que ten como principais claves a aposta pola dixitalización e a diversificación dos mercados exportadores. Esta estratexia busca que as compañías galegas multipliquen por tres as exportacións a América do Norte, e dupliquen as súas vendas a América do Sur e Asia, ademais de incrementar en máis dun 25% a facturación no Reino Unido.

Esta aposta pola internacionalización fixo de 2021 un ano histórico para as exportacións galegas. As vendas ao exterior da Comunidade superaron os 25.000M€ o pasado exercicio, o que se supón un novo teito e un incremento do 21,1% con respecto a 2020. Cifras ás que cabe sumarlle outras como a suba do número de empresas exportadoras galegas, que marca tamén neste período un novo récord chegando ás 9360, un 31,5% máis que en 2020.

240 solicitudes de pemes e autónomos para promover plans de internacionalización