jueves. 06.02.2025

A Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia promove o ciclo 'A saúde é o que importa'. Está destinado a difundir entre a sociedade o valor terapéutico das augas mineromedicinais, coa colaboración da Fundación Araguaney.

Mañá mércores, ás 19.30 horas, celebrarase a primeira sesión do ano deste ciclo, que se puxo en marcha en 2019. Terá lugar en Santiago, no Hotel Araguaney (salón Rahid), con entrada libre ata completar aforo. Consistirá nunha mesa redonda na que se abordarán as indicacións da cura termal para o tratamento da dor crónica.

Como moderador desta mesa redonda actuará o director da Cátedra, o doutor Juan Gestal. Nela intervirán os doutores Jorge Blanco, médico adxunto do Servizo de Reumatoloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS), que abordará a balneoterapia no tratamento das lumbalxias; Rosa Meijide, catedrática de Hidroloxía Médica da Universidade da Coruña, que se centrará no valor terapéutico das augas mineromedicinais para pacientes con fibromialxia; e Elías Festa, director médico do balneario Caldelas de Tui, que explicará as principais técnicas termais que se aplican na actualidade para combater a dor. Estes expertos manterán ademais un coloquio posterior co público asistente ao encontro.

As principais técnicas termais para combatir a dor crónica