jueves. 02.05.2024

A cloaca romana do barrio do Carme é unha infraestrutura con preto de 1.700 anos de antigüidade e descuberta en 1994. O concello de Lugo impulsa a súa recuperación cun orzamento de 398.724 euros, ao abeiro da estratexia EDUSI Muramiñae, cofinanciada polo Ministerio de Facenda e Función Pública con fondos FEDER.

O proxecto ten, deste xeito, tres obxectivos básicos: realizar traballos de conservación restauración que permitan preservar para xeracións futuras esta parte do rico patrimonio arqueolóxico de época romana que alberga a cidade de Lugo; adecuación o espazo para facelo visitable e accesible, respectando a contorna e o edificio catalogado onde se sitúa; e, finalmente, a integración do discurso museológico cos outros restos arqueolóxicos e instalacións museísticas visitables en Lugo como parte dun único discurso da vida da cidade romana.

Obras de recuperación da cloaca romana do barrio do Carme
Comentarios