jueves. 28.03.2024

O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe na rolda de prensa do Consello a decisión de outorgar a Medalla de Ouro de Galicia 2020 aos profesionais da Sanidade galega implicados na atención aos pacientes covid-19.

“Estamos a falar da máis alta condecoración que outorga a Xunta de Galicia, dirixida a aqueles que puxeron a súa vida á disposición de Galicia e que nos coidaron durante este tempo, desde o punto de vista sanitario no senso amplo”, aseverou Feijóo.

Todo os profesionais “que traballaron e que seguen a traballar cos pacientes covid”, engadiu, “son merecentes da única Medalla de Ouro de Galicia deste ano”.

“Como non podía ser doutro xeito, queremos honrar a todas as persoas que nos coidaron e a todos aqueles que non escatimaron esforzos, poñendo moitas veces en risco as súas vidas para coidar aos afectados por unha pandemia que acabou con centenares de vidas en Galicia, miles no conxunto de España e moitas máis en todo o mundo, e que cambiou as nosas vidas para moito tempo”, concluíu.

O Goberno galego outorga a Medalla de Ouro de Galicia 2020 aos profesionais da sanidade...