jueves. 28.03.2024

A directora xeral de Turismo, Nava Castro,  felicitou ao concello de Arbo e amosou a súa satisfacción logo de que o Boletín Oficial do Estado publicase hoxe a resolución pola que se concede o título de festa de interese turístico internacional á Festa da lamprea de Arbo.

Segundo a documentación aportada polo concello de Arbo, como entidade promotora da solicitude, Turismo de Galicia remitiu á Secretaria de Estado de Turismo, o expediente administrativo co informe favorable para a declaración desta festa co distintivo de interese internacional.

Este informe recolle que, de acordo coa documentación presentada pola entidade promotora, o evento cumpre os requisitos preceptivos para que sexa valorada pola Secretaría de Estado de Turismo, organismo competente para formalizar esta distinción.

A Festa da lamprea de Arbo declarada festa de interese turístico internacional
Comentarios