domingo. 26.05.2024

A delegada de Igualdade do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o Secretariado Gitano e Executivas de Galicia, medallas Pardo Bazán

María Teresa Cortizas González-Criado, delegada de Igualdade no ámbito do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; a Fundación Secretariado Gitano e Executivas de Galicia recibirán as Medallas Emilia Pardo Bazán na quinta edición destes premios. O xurado vén de fallar estes galardóns cos que a Xunta recoñece o seu labor para construír unha sociedade máis equitativa baseada nos principios de igualdade de oportunidades, xustiza e solidariedade.
O xurado vén de fallar estes galardóns cos que se recoñece a contribución de persoas e entidades para construír unha sociedade máis igualitaria, xusta e solidaria.
O xurado vén de fallar estes galardóns cos que se recoñece a contribución de persoas e entidades para construír unha sociedade máis igualitaria, xusta e solidaria.

María Teresa Cortizas González-Criado, delegada de Igualdade no ámbito do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; a Fundación Secretariado Gitano e Executivas de Galicia recibirán as Medallas Emilia Pardo Bazán na quinta edición destes premios. O xurado vén de fallar estes galardóns cos que a Xunta recoñece o seu labor para construír unha sociedade máis equitativa baseada nos principios de igualdade de oportunidades, xustiza e solidariedade.

María Teresa Cortizas González-Criado, delegada de Igualdade da Sala do Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recibe a medalla Pardo Bazán pola súa experiencia e coñecemento na administración da Xustiza dende unha perspectiva de xénero e pola súa función como formadora de persoal da xudicatura no eido da igualdade e da violencia de xénero. Xuíza dende 1992, o seu destino actual é a Audiencia Provincial da Coruña, Orde Penal, Sección Primeira, onde leva exercendo dende fai máis de seis anos. Ademais de ser formadora de persoal da xudicatura en materia de violencia de xénero e igualdade, participa en foros e debates e ante institucións.

Pola súa parte, á Fundación Secretariado Gitano concédeselle a distinción pola súa longa traxectoria a favor da inclusión social da poboación xitana e polo seu fomento da igualdade de oportunidades para o colectivo, así como pola loita contra a discriminación múltiple que sofren as mulleres xitanas. A través do programa Calí, financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade, estase a actuar nas cidades da Coruña e Vigo dende 2016, traballando pola mellora da integración sociolaboral das mulleres xitanas, a través do fomento da igualdade de oportunidades, da igualdade de xénero e da loita contra toda forma de discriminación, con especial atención á discriminación múltiple que sofren as mulleres xitanas e as vítimas de violencia de xénero.

Por último, Executivas de Galicia recibe a Medalla Pardo Bazán pola súa loita pola igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e pola visibilidade e o recoñecemento público de mulleres profesionais destacadas polo seu prestixio e traxectoria a través do proxecto Referentes galegas. Cun directorio que actualmente conta con máis de 300 profesionais, a asociación aposta pola concienciación e por promover políticas de igualdade e de responsabilidade social empresarial, realizando a participación en xornadas, mesas redondas e talleres en toda Galicia. Tamén traballa pola corresponsabilidade, impulsando medidas que favorezan a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

DESDE 2019

As Medallas Emilia Pardo Bazán foron creadas pola Xunta de Galicia en 2019 para o recoñecemento de accións relevantes desenvolvidas na comunidade a favor da igualdade entre mulleres e homes. Concédense cada ano tres condecoracións, todas elas de carácter exclusivamente honorífico. Poden ser destinatarias persoas ou colectivos, entidades ou institucións de carácter público e privado.

Os galardóns permiten realizar un recoñecemento público ás medidas desenvolvidas en Galicia en favor da igualdade efectiva, á vez que contribúen á sensibilización social, á visibilización dos talentos e das capacidades das mulleres e para que se recoñeza a traxectoria vital e profesional de persoas e entidades comprometidas con erradicar as discriminacións de xénero e coa construción dunha sociedade máis igualitaria.

Estes galardóns levan o nome de Emilia Pardo Bazán, muller precursora na defensa dos dereitos das mulleres e do feminismo e reivindicadora da educación das mulleres, ideas que trasladou á súa obra literaria.

A delegada de Igualdade do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o Secretariado...
Comentarios