Asemblea anual da Asociación Galega de Empresas de Envasado de Auga Mineral Natural (AGAMIN), celebrada esta mañá en Santiago. No transcurso da xuntanza fíxose un repaso da situación actual do sector e avanzouse nos proxectos que se están a desenvolver.
Nesta liña, destacáronse as accións encamiñadas ao fomento de prácticas ambientais sustentables no sector das augas minerais naturais. Entre estas iniciativas figura a realización de accións dirixidas de maneira directa aos pereginos, co obxecto de sensibilizalos sobre o valor da reciclaxe en xeral, e, en particular, dos envases de auga, para o coidado do medio, así como a importancia da hidratación.
No encontro estiveron representantes das seis empresas que integran a Asociación, que preside Francisco Blanco, de Fontecelta: Aguas de Cospeito (Cospeito), Fontecelta (Sarria), Cabreiroá e Aguas de Sousas (as dúas en Verín), Agua Sana (Baiona) e Sanxinés (Vilagarcía de Arousa).