jueves. 25.04.2024

O Club Natación Ponteareas alzouse esta fin de semana co título de campión galego na clasificación conxunta. A nadadora do Club, Sofía Carballo, acadou a medalla de ouro e o título de campioa galega en 50, 100 e 200 braza e Carla Faro nos 100 estilos. Os parabéns tamén son para o nadador Pablo Cabana que se fixo co título de campión galego e medalla de ouro nos 200 bolboreta. Ademais, o club ponteareán tamén se fixo co subcampionato na categoría feminina. Na categoría masculina, o título foi para o CN Arzúa (sendo o equipo de Ponteareas o 6º clasificado) e na categoría feminina o título foi a parar a mans do C Náutico.

O director técnico do club, Andrés Carrera, amosouse moi satisfeito por este resultado sobre todo pola actitude positiva de todos os integrantes do equipo. Durante o tres días, segundo relata Carreira os nadadores e nadadoras brillaron loitando para acadar logros colectivos e individuais, “un feito que me fai estar moi satisfeito porque os nadadores e nadadoras viñeron a Pontevedra a bater as súas mellores marcas persoais nunha das probas máis importantes da tempada, isto demostra que teñen talento e mentalidade gañadora”.

Andrés Carrera engade que é de destacar, por exemplo, que por primeira vez un equipo de substitución masculina (4x200 libres) subise ao podio, cun bronce. Tamén por primeira vez o equipo feminino conseguía que todas as súas substitucións (4x50 libres, 4x100 libres, 4x200 libres, 4x50 estilos, e 4x100 estilos) subisen ao podio situándose entre o tres primeiros clubs clasificados.

Miguel Bouzó salienta o importante esforzo que realiza o Club ao longo de todo o ano, un feito que se reflicte non só nos resultados acadados polos seus nadadores e nadadoras se non tamén polo éxito das probas que organizan na piscina do complexo deportivo municipal Álvaro Pino.

O campionato galego de natación de inverno, en piscina de 25m. Celebrouse do 3 ao 5 de xaneiro de 2021. Como en todas as competicións que se celebran actualmente, estableceuse un protocolo fronte ao covid-19 que obrigaba a que se celebrase sen a presenza de público e para limitar aínda máis o aforamento de participantes, os equipos femininos competiron nas 3 primeiras sesións mentres que os masculinos fixérono nas 3 últimas.

A federación galega emitíu o evento en directo a través de youtube.

“Para o deporte en xeral, e para a natación en particular, é unha gran noticia que se teñan implementado medidas e protocolos adaptados ao contexto marcado polo covid-19, que funcionen e que permitan desenvolver a actividade dos clubs”, explica Andrés Carrera.

O Club Natación Ponteareas tamén quere dar os parabéns á Federación galega de natación e ao Club Natación Galaico, como organizadores impecables desta cita, así como aos clubs gañadores (Arzúa e Vigo) na clasificación masculina/feminina, “e por suposto amosar o noso orgullo por este título de campións por equipos do CN Ponteareas que nos fai albergar esperanzas para futuras citas, autonómicas e nacionais. Parabén a todos!”

O Club Natación Ponteareas alzouse esta fin de semana co título de campión galego