miércoles. 19.03.2025

Continúa a Tempada de Música Clásica de Afundación, a Obra Social de ABANCA, cun concerto a cargo de Zoar, grupo de cámara da Orquesta Sinfónica de Galicia conformado por frauta, óboe, clarinete, trompa e fagot. Ofrecerán un recital mañá xoves 22 de outubro, a partir das 20.00 h, no Teatro Afundación de Vigo cun repertorio que inclúe Escenas infantís, de R. Schumann, e Xogos infantís, de G. Bizet.

A PROGRAMACIÓN DE CONCERTOS

Todos os recitais incluídos na Tempada de Música Clásica terán lugar no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) ás 20.00 h.

O 12 de novembro será a quenda de Ecléctica Ensemble, tamén da Orquesta Sinfónica de Galicia. Interpretarán Preludio á sesta dun fauno, de Claude Débussy, e a Sinfonía núm. 4, de Gustav Mahler.

A batuta de Paul Daniel dirixirá á Real Filharmonía, acompañada polo violín de Matthiew Arama, o 27 de novembro, nun recital de obras de Aaron Siebert (unha obra encargo da RFG), Einojuhani Rautavaara (Canticus articus) e Jean Sibelius (Concerto para violín en re menor).

O 3 de decembro, a Orquesta Sinfónica de Galicia estará representada polo Cuarteto de Corda Shcubert, que se dará cita no escenario do Teatro Afundación Vigo para ofrecer a súa interpretación do Cuarteto de corda en fa menor número 6, de Felix Mendelssohn; o estreo de «Intermezzo e escena» da Tribuna, de Gabriel Bussi; e O cuarteto de corda en fa maior, de Antonin Dvořáck.

O último concerto da tempada estará protagonizado por Paul Daniel dirixindo a Real Filharmonía de Galicia, o 11 de decembro. A agrupación interpretará Within her arms, de Anna Clyne; Sinfonía pastoral, de Brett Dean; e a Sinfonía número 6 en fa maior, de Ludwig van Beethoven.

Zoar, grupo de cámara da Orquesta Sinfónica de Galicia, na Tempada de Música Clásica de...