O Consorcio de Santiago e Teófilo Edicións publican La ciudad de Santiago de Compostela según los hermanos Juan y Pedro Fernández de Boán (ca. 1633-1646), do historiador Miguel Taín Guzmán.
O manuscrito Historia General y Descripción del Reino de Galicia, atribuído aos irmáns Juan e Pedro Fernández de Boán, trata sobre a historia do Reino e ofrece unha descrición de cada unha das cidades e vilas das súas antigas sete provincias. Taín transcribiu e estudou as referencias á cidade de Santiago que os irmáns fan na súa obra. Ve así a luz unha publicación inédita, de enorme valor histórico, e da que ninguén coñecía a súa existencia.
O libro preséntase mañá mércores, ás 19.30 horas na Fundación Torrente Ballester. No acto estarán, ademais do autor, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo; a xerente do organismo interadministrativo, Belén Hernández; o responsable de Publicacións do Consorcio, Juan Conde; xunto a José Luis Teófilo, director de Teófilo Comunicación.