jueves. 28.03.2024

No ano de Emilia Pardo Bazán, a Programación Lírica da Coruña, desenvolvida na Sede Afundación da cidade herculina, ofrecerá, entre as súas diversas propostas culturais, a película Ópera en Marineda, dirixida por Pilar Miró, e inspirada en Por el arte, un relato da escritora coruñesa. Esta proxección é parte do ciclo de cine que Amigos da Ópera organiza en Afundación a partir do 6 de setembro e que, ademais, incluirá outros filmes como La strada, de Fellini; Balada triste de trompeta, de Álex de la Iglesia; ou Los intocables de Elliot Ness, de Brian de Palma, entre outros.

Este amplo abano de actividades, que inclúen tamén concertos, proxeccións de óperas e coloquios, arrinca o 2 de setembro, no Auditorio de Afundación, cun ciclo de conferencias. Ese día, o crítico Raúl Chamorro, un dos maiores expertos no belcantismo, analizará todos os pormenores de I puritani, a ópera que inaugurará a Programación Lírica, o día 4.

Ademais, José Luís Méndez Romeu disertará sobre Emilia Pardo Bazán e a música o 9 de setembro; o profesor de canto, Antón de Santiago, achegará o 17 de setembro ao público o universo de Pagliacci a través da personalidade artística da soprano galega Ofelia Neto; e a musicóloga Maruxa Baliñas, o 1 de outubro, describirá o universo da Partenope de Händel e a súa conexión cun dos máis grandes directores de hoxe, William Christie, que agora regresa a Galicia.

O Auditorio de Afundación volverá acoller o concerto final do Curso de Interpretación Vocal que a gran dama do belcanto, Mariella Devia, ofrecerá na Coruña do 4 ao 9 de outubro.

O acceso a todas estas actividades é libre e gratuíto, e as persoas interesadas en asistir deberán inscribirse previamente. Poderán facelo na Sede de Afundación da Coruña (Cantón Grande, 8) ou no teléfono 981 185 060. A hora de comezo de toda a programación é ás 19.00 h, excepto o concerto do día 9 de outubro, que será ás 20.00 h.

Calendario das Actividades Paralelas da Programación Lírica da Coruña 2021 no Auditorio de Afundación

Ciclo de cine

6 de setembro.  Ópera en Marineda. España, 1974. Dirección: Pilar Miró. Intérpretes: Charo López, Manuel Zarzo, Concha Goyanes, Alfonso del Real, Carmen Maura.

13 de setembro. La Strada. Italia, 1954. Dirección: Federico Fellini. Intérpretes: Anthony Quinn, Giulietta Masina, Lina Venturini. 104 min. VOS.

20 de setembro. Balada triste de trompeta. España/Francia, 2010. Dirección: Álex de la Iglesia. Intérpretes: Antonio de la Torre, Carolina Bang, Carlos Areces, Sancho Gracia. 101 min.

27 de setembro. Los Intocables. EE UU, 1987. Dirección: Brian de Palma. Intérpretes: Kevin Costner, Sean Connery, Robert de Niro. 120 min.

4 de outubro. Florence Foster Jenkins. Reino Unido, 2016. 110 min. Dirección: Stephen Frears. Intérpretes: Meryl Streep, Hugh Grant. VOS.

11 de outubro. 2046. Hong Kong/EE. UU., 2004. Dirección: Wong Kar Wai. Intérpretes: Tony Leung, Gong Li, Zhang Ziyi. VOS. 129 min.

Ciclo de proxeccións de óperas

8 de setembro. Rigoletto de Giuseppe Verdi. Con Zeljko Lucic, Diana Damrau, Piotr Beczala. Orquestra e Coro do Met de Nova York. Dirección Musical: Michele Mariotti. Dirección de Escena: Michael Mayer. 2013. 136 min. VOS.

15 de setembro. El caso Makropulos de Leos Janacek. Con Angela Denoke, Raymond Very, Peter Hoare. Coro da Ópera de Viena. Filharmónica de Viena. Dirección musical: Esa-Pekka Salonen. Dirección de escena: Christoph Marthaler. 2011. 118 min.

22 de setembro. Andrea Chénier de Umberto Giordano. Intérpretes: Franco Corelli, Piero Cappuccilli, Celestina Casapietra. Orquestra e Coro da RAI. Dirección musical: Bruno Bartoletti. Dirección de escena: Vaclav Kaslik. 1973. Sin subtítulos.

29 de setembro. Ifigenia en Tauride de C. W. Gluck. Con Juliette Galstian, Rodney Gilfry, Deon van der Walt… Orquestra La Scintilla. Coro da Ópera de Zurich. Dirección musical: William Christie. Dirección de escena: Claus Guth. Produción da Ópera de Zurich. 2002. 108 min. VOS.

6 de outubro. Peter Grimes de Benjamin Britten. Con Alan Oke, Giselle Allen, David Kempster… Britten-Pears Orchestra. Dirección Musical: Steuart Bedford. Dirección de Escena: Tim Albery. 2013. 141 min. VOS.

13 de outubro. La verbena de la Paloma de Tomás Bretón e gala lírica. Con Borja Quizá, Luis Cansino, Vanessa Goikoetxea, Laura Vila… e a participación especial de Carlos Álvarez, Sondra Radvanovsky, Alejandro Roy, … Orquestra e Coro Gaos. Dirección musical: Fernando Briones. Dirección de Escena. Emilio López. Nova produción de Amigos de la Ópera de A Coruña. 130 min.

Concertos

Concerto dos alumnos do Curso de Interpretación Vocal de Mariella Devia. Sábado, 9 de outubro, ás 20.00 h.

Conferencias

Día 2 de setembro: «En torno a I puritani», por Raúl Chamorro.

Día 9 de setembro: «Emilia Pardo Bazán e a música», por José Luis Méndez Romeu.

Día 17 de setembro: «En torno a Pagliacci e a soprano Ofelia Nieto», por Antón de Santiago.

Día 1 de outubro. «En torno a Parténope», por Maruxa Baliñas.

Programación lírica na Sede Afundación da Coruña