'A Figueira Máxica' de Dalia González preséntase no Día das Letras Galegas en Oia

Dalia González.
O mosteiro de Oia acolle a presentación de "A Figueira Máxica" no Día das Letras Galegas.

O 17 de maio, no Día das Letras Galegas, o cenobio de Santa María de Oia será o escenario para presentar "A Figueira Máxica", unha historia inspirada no misterio á beira do mar Atlántico e nas vivencias que reflicten a esencia da nosa Terra.

Unha historia inesquecible que nos leva a descubrir segredos a través dos ollos de Artai e Briana, unha aventura chea de maxia, amizade e historia, escrita por Dalia González Pulido, veciña de Oia e apaixonada pola literatura.

As súas visitas ao mosteiro cos seus sobriños deron lugar a esta historia que combina maxia, memoria e o coñecemento das nosas raíces.