martes. 21.05.2024

A estrea da obra 'As que limpan' de A Panadaría Teatro prevista inicialmente para este venres, 11 de febreiro, vén de ser adiada para o venres 18 deste mes debido a problemas de saúde das actrices da compañía.

Debido a este cambio o concello de Tui procederá, nos próximos días, á devolución automática dos importes das entradas vendidas até o momento, máis de 300, e a próxima semana volverá abrirse, a partir do luns 14 ás 14 h  a venda para a nova data desta obra.

Debido a este cambio na estrea de “As que limpan” ao venres 18 de febreiro, por ser a data que estaba dispoñible tanto por parte da compañía coma do teatro tudense, mudouse tamén de data a representación de “Rosalía” por Culturactiva. Esta representación que estaba prevista para o venres 18 terá lugar o venres 25 de marzo á mesma hora, ás 19h. As persoas que xa tiñan mercada a súa entrada para “Rosalía” recibirán tamén a devolución do importe de xeito automático.

'As que limpan'