A cidade de Vigo acolle este mes de xullo unha mostra de arte contemporánea de gran relevancia dentro do movemento #artVIGO, impulsado polo galerista Beny Fernández. Nas Galerías Durán, situadas no paso que conecta a rúa Velázquez Moreno e Príncipe, xusto á altura do MARCO, expóñense obras de destacados creadores, tanto locais coma internacionais.
Entre eles atópase Jack Adriano, un artista nado na Cidade de México, criado en Los Ángeles e residente actual en España. A súa obra fusiona arte urbano con pop art contemporánea, explorando temas como a identidade, a cultura popular, a espiritualidade, o poder e a crítica social. O seu estilo distintivo resalta pola súa forza visual, provocación simbólica e unha mestura de referentes latinoamericanos, tanto da rúa coma globais.
Adriano formouse no College of the Canyons, en California, e asistiu a seminarios e obradoiros en Arte Visual no California Institute of The Arts (CalArt).
A súa expresión artística desenvólvese a través de diversas técnicas como óleo, acrílico, collage e pintura dixital. Nas súas obras, que empregan tamén aerosol, reflicte a cultura mexicana, a Santa Muerte, símbolos do poder, a loita interior, a crítica social e unha iconografía pop e rueira.
A traxectoria de Jack Adriano inclúe exposicións en "Chicano Dreams" e "Downtown Arte Walk" en Los Ángeles. Formou parte da colectiva "La Caverna del Arte CDMX" e participou en "Capsules Curatorial Book", Australia (2019). Máis recentemente, en 2022, a súa obra estivo presente en "Urban Icons", Galería Efímera, e en 2023, nunha coñecida acción rueira titulada "Arte Prohibido", así como en "Expresión Gráfica" no CSCR de Beade.
Non perdas a oportunidade de mergullarte no universo artístico de Jack Adriano en #artVIGO durante este mes de xullo.
