martes. 25.06.2024
polo peche temporal da terminal de Peinador

A Xunta amplía desde este luns a oferta de servizos de autobús entre Vigo e o aeroporto de Santiago

Para desprazarse dende Vigo ata o Aeroporto de Santiago de Compostela de luns a sábado habilitaranse servizos adicionais que amplían as opcións dispoñibles, con saída ás 19,00 horas da Estación Intermodal de Vigo. Os domingos e festivos, disporase doutro servizo con saída ás 19,30 horas.
O Goberno galego activou esta solución de urxencia ante a falta de alternativas para os viaxeiros por parte do Executivo central que promove a obra na pista viguesa.
O Goberno galego activou esta solución de urxencia ante a falta de alternativas para os viaxeiros por parte do Executivo central que promove a obra na pista viguesa.

A Xunta amplía desde este luns, 20 de maio, os servizos de autobús entre Vigo e o aeroporto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela activados a causa do peche temporal da terminal de Peinador. Co obxectivo de atender a demanda das persoas viaxeiras afectadas, adaptarase o itinerario dalgunhas liñas da conexión Vigo-Santiago de Compostela, coa incorporación dunha parada no aeroporto compostelán e coa creación dunha nova liña ata a Estación Intermodal de Vigo para as fins de semana.

Así, para desprazarse dende Vigo ata o Aeroporto de Santiago de Compostela de luns a sábado habilitaranse servizos adicionais que amplían as opcións dispoñibles, con saída ás 19,00 horas da Estación Intermodal de Vigo. Os domingos e festivos, disporase doutro servizo con saída ás 19,30 horas.

Facilitarase un servizo con saída de Vigo E.I. ás 19,00 horas de luns a sábados e ás 19,30 horas os domingos e festivos

Para desprazarse dende o aeroporto Rosalía de Castro ata Vigo, de luns a venres haberá unha expedición adicional con saída estimada do aeroporto ás 22,05 horas e chegada prevista a Vigo ás 23,40 horas.

Por outra banda, para os sábados e os domingos creouse unha nova liña, Aeroporto Rosalía de Castro – Santiago E.I. -Pontevedra E.A. – Vigo E.I., con saída do aeródromo ás 22,00 horas e chegada prevista a Vigo ás 23,20 horas.

Estes cambios súmanse aos servizos xa existentes, con saídas dende Vigo ás 04,30, 07,30 –de luns a venres-  e 10,45 horas –todos os días– e do aeroporto cara a Vigo ás 08,55, 12,55 –todos os días– e 18,45 horas –agás os xoves–.

Para se desprazar desde o aeroporto compostelán ata Vigo E.I. as persoas usuarias contarán cun servizo con saída prevista ás 22,05 horas de luns a venres e outro con saída ás 22,00 os sábados e os domingos, para o que se creou unha nova liña

Coa posta en marcha destes servizos, a Xunta continúa a traballar nunha solución ante a necesidade de facilitar os traslados ao aeroporto de Santiago das persoas viaxeiras afectadas polas obras na pista de aterraxe na terminal viguesa que son competencia da empresa pública estatal Aena.

A información relativa aos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

A Xunta amplía desde este luns a oferta de servizos de autobús entre Vigo e o aeroporto...
Comentarios