viernes. 01.03.2024

.-  O Concello do Porriño, a través da concellería de Educación, deu a coñecer hoxe o cartel oficial do Entroido 2022.  O deseño de Valeria Lage, alumna de primeiro curso da ESO do CPR Santo Tomás, foi elixido como gañador do I Concurso Escolar de Carteis do Entroido no que se buscaban as mellores ilustracións para promocionar as festas deste ano.

O xurado, composto polo alcalde, Alejandro Lorenzo, e as pintoras locais Nuria Vilanova e Chelo Rodríguez, seleccionaron o deseño de Valeria entre os preto de 200 carteis que presentaron os centros educativos de primaria e secundaria e Aceesca.

O xurado, composto polo alcalde, Alejandro Lorenzo, e as pintoras locais Nuria Vilanova e Chelo Rodríguez, seleccionaron o deseño de Valeria entre os preto de 200 carteis que presentaron os centros educativos de primaria e secundaria e Aceesca. As ilustracións presentadas foron moitas e variadas, realizadas con ceras, acuarelas, colaxe ou carbón, valéndose de multitudes de técnicas creativas, tanto en formato papel como en cartolina.

O Alcalde do Porriño, acudiu hoxe ao colexio a dar a nova por sorpresa á gañadora do certame, que emocionada recibiu a felicitación do rexedor e dos seus compañeiros de clase entre aplausos.

“Non foi doado elexir entre tantas propostas de calidade, cada cal era máis orixinal e bonita”, explicou o alcalde, “Os nosos pequenos e pequenas dérono todo e podo decir que no Porriño temos unha boa canteira de talento”.

Ante tal dificil decisión, o xurado resolveu ampliar dous accesit quedando os premiados da seguinte maneira: 

  • CARTEL GAÑADOR: Valeria Lage Fernández – 1º ESO do CPR Santo Tomás
  • 2º Premio: Rubén Rodríguez Rodríguez – 5ºB do CEIP Xosé Fernández López
  • 3º Premio: Saray Rodríguez Pérez – Aceesca

ACCESITS:

  • Carlota Rodríguez Miranda- 1º ESO do CPR Santo Tomás
  • Laura Pampillón Teijeira- 3º ESO do IES Ribeira do Louro

O carteis gañadores recibirán un lote de material escolar e os seus autores serán os encargados de ler o pregón que dará inicio ás festas do Entroido na vila.

O acto de entrega de premios terá lugar o vindeiro xoves 17 de febreiro no Centro Cultural Municipal, coincidindo coa inauguración da exposición na que se mostrarán todos os carteis participantes.

Valeria Lage de 1º ESO do CPR Santo Tomás, elexido o seu cartel do Entroido do Porriño