lunes. 06.05.2024

Valcárcel manifestouse como alcaldesa de todos e todas, tendendo a man á oposición “para traballar con humildade, con diálogo e con respecto polo ben do noso concello”

Salvaterra de Miño constituíu a nova corporación municipal esta mañá. Tal como era previsible, do partido Popular que obtivo 9 concelleiros, maioría absoluta, saíu a presidenta-alcaldesa, Marta Valcárcel Gómez. La ‘popular’ consegue a súa segunda maioría absoluta. A oposición do PSOE e BNG contan cadansúa con 4 concelleiros.
Marta Valcárcel comeza a súa segunda lexislatura con maioría absoluta en Salvaterra de Miño. ROBERTO LEDO.
Marta Valcárcel comeza a súa segunda lexislatura con maioría absoluta en Salvaterra de Miño. ROBERTO LEDO.

Salvaterra de Miño constituíu a nova corporación municipal esta mañá. Tal como era previsible, do partido Popular que obtivo 9 concelleiros, maioría absoluta, saíu a presidenta-alcaldesa, Marta Valcárcel Gómez. A ‘popular’ consegue a súa segunda maioría absoluta. A oposición do PSOE e BNG contan con cadanseus 4 concelleiros.

Marta Valcárcel revalida a súa segunda maioría absoluta. ROBERTO LEDO.
Marta Valcárcel revalida a súa segunda maioría absoluta. ROBERTO LEDO.

Valcárcel manifestouse, desde o primeiro momento, como alcaldesa de todos e todas tendendo a man á oposición “para traballar con humildade, con diálogo e con respecto polo ben do noso concello”, declarou.

Antes deu os parabéns a tódolos concelleiros e concelleiras “elixidos para traballar por Salvaterra”.

Tamén destacou a flamante alcaldesa “o feito inédito” de que, por vez primeira, a corporación pasaba de 13 a 17 membros, “polo resultado do traballo feito, da calidade de vida que ofrece este municipio” e polas “oportunidades” xeradas.

Cinco minutos durou a intervención da primeira edil salvaterrense, que afirmou constituír “un auténtico orgullo volver ser alcaldesa da miña vila”. Co obxectivo de “continuar crecendo e creando o futuro que queremos para nós”.

Engadiu Valcárcel Gómez que, todo isto, “cos pés na terra”, porque é “consciente do traballo que queda por diante e recoñecendo o que xa se fixo”.

E formulou o seu compromiso. “Comprométome a traballar incansablemente como fixen ata agora, con honestidade e humildade, para seguir mantendo a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”.

Respondendo do seu novo “equipo renovado” confirmou as súas “ganas e ilusión por seguir a crecer, seguir mellorando e ofrecendo aos salvaterrenses servizos e infraestruturas de calidade para seguir a facer de Salvaterra un referente non só da nosa comarca”.

Mesturou o seu discurso de agradecementos. Primeiro aos concelleiros saíntes. Despois a Manuel Andrés Acuña, coñecido por Andrés, recentemente xubilado e que ía nun posto baixo da lista ás municipais. “Sempre mostrou honestidade”, dixo del polo seu traballo na casa do Concello.

Despois deste momento emotivo, houbo outro cara ao final do discurso, cando citou a súa filla, presente na sala.  “Sobre todo a ti Sara, por comprender as miñas ausencias e polo teu apoio incondicional”.

Ademais nomeou algúns membros da súa familia nos agradecementos. De Antonio Bernárdez Gándara agradeceu “o seu apoio e cariño ata o ultimo alento”.

E rematou “grazas a todos estou hoxe aquí cumprindo o soño de traballar polo meu municipio. Grazas, grazas xa que vós sodes a nosa forza”.

Os veciños e veciñas encheron o salón de plenos do concello de Salvaterra para seguir a constitución da nova corporación municipal, aplaudindo en diversas ocasións. A secretaria municipal foi a encargada de conducir o acto ata que o concello tivo presidenta-alcaldesa, trala votación dos grupos municipais.

No vestíbulo da casa do Concello serviuse un viño galego para celebrar o acontecemento, convidando a tódolos asistentes.

Valcárcel manifestouse como alcaldesa de todos e todas, tendendo a man á oposición...
Comentarios