martes. 21.05.2024

O

Concello do Porriño, a través da OMIX (Oficina Municipal de Información á

Xuventude), está a colaborar coas actividades do 17 de abril, Día Europeo da

Información Xuvenil. A OMIX está a colaborar na difusión da actividade proposta

pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería

de Política Social.

“Aínda

que nestes momentos estamos confinados polo andazo do ‘Covid-19’ que isto non

nos desanime e poidamos facer unha programación física para celebrar de xeito

virtual esta data”, manifestou Cami Moreira, concelleira de Xuventude.

Deste xeito a OMIX apoia a campaña 'Un minuto de información xuvenil' que propón que cada mozo e moza do Porriño grave e envíe un vídeo de 60 segundos no que resuma o que significa para ti a información xuvenil e o que se está a facer nese eido durante esta situación de confinamento.

Os vídeos poderanse enviar ao enderezo electrónico: informació[email protected]  e serán colgados na conta de Instagram da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta @xuventudegalicia , a partir do venres 17. 

'Un minuto de información xuvenil', vídeos de mozos porriñeses sobre a información e o...