sábado. 27.04.2024

Como cada 24 de maio conmemóranse os máis de mil anos de historia da Vila de Salvaterra de Miño, pois o primeiro documento escrito que fai referencia a esta localidade foi firmado un 24 de maio do ano 991.

Con tal motivo o concello organiza, dende a Biblioteca Municipal,  a actividade 'O tesouro de Doña Urraca', para que deste xeito os participantes poidan coñecer un pouco máis o orixe da vila ao tempo que se divirten.

A actividade consistirá nunha búsqueda do tesouro con pistas, levarase a cabo entre as 18h e as 20h no recinto amurallado e está dirixida a todas as idades. Para participar nela poderase acudir caracterizado e recomendase facer inscrición previa. Para máis información e inscricións, no teléfono 637 108 343, ou mediante o correo electrónico .

'O tesouro de Doña Urraca'
Comentarios