martes. 23.04.2024

O santo Cristo de Salvaterra está a celebrar o seu novenario na igrexa parroquial desde hai uns días. A imaxe articulada xa loce na súa carroza máis preto dos devotos. Don Sergio, o párroco, solemnizou a misa das mañás con música de órgano.

 As celebracións organizadas polo Concello de Salvaterra van ser este sábado, domingo e luns 13 e contarán cun programa de luxo.

O sábado pola noite haberá verbena no recinto amurallado a partir das 22.00 horas e estará amenizada polas orquestras Alabama e Televisión.

O día grande das festas será o domingo. Ás 12.00 horas celebrarase una Misa Solemne e, ao seu remate, un concerto da Banda de Gaitas Pontenova. Pola noite, novamente,  haberá verbena, que comezará coa actuación da Banda de Música ás 20.30 horas e a continuación coa orquestra Charleston.

E para rematar coas Festas do Cristo da Vitoria, o luns -día festivo local- terá lugar a última verbena amenizada pola orquestra Gran Parada.

Os salvaterrenses volven a súa mirada ao Santísimo Cristo da Vitoria de Salvaterra
Comentarios