martes. 07.05.2024

Salvaterra ten unha xogadora que coa selección galega logrou a Fase de Prata do Campionato de España

A veciña de Fornelos, Salvaterra, e xogadora da Selección Galega de fútbol sub-15, Nara Fernández Groba, añadiu unha páxina máis na súa brillante e prometedora carreira dentro do fútbol feminino.
O primeiro tenente de alcalde, Ernesto Groba e o concelleiro de Deportes, Edgar Martínez e a alcaldesa, Marta Valcárcel.
O primeiro tenente de alcalde, Ernesto Groba e o concelleiro de Deportes, Edgar Martínez e a alcaldesa, Marta Valcárcel, con Nara Fernández.

A veciña de Fornelos, Salvaterra, e xogadora da Selección Galega de fútbol sub-15, Nara Fernández Groba, añadiu unha páxina máis na súa brillante e prometedora carreira dentro do fútbol feminino.

A xove xogadora ven de acadar o pasado 11 de xuño coa selección galega, a Fase de Prata do Campionato de España disputando a final en Huelva.

Ademáis, na final que venceron ante a Comunidade Valenciana por 0-3, Nara fixo un golazo de falta.

"Dende o Concello queremos enviar os nosos parabéns a toda a Selección Galega, en especial a nosa xogadora e queremos animala a que siga na súa formación deportiva que lle permita acadar o seu soño futbolístico, sen perder os valores propios do deporte", din nun comunicado.

Salvaterra ten unha xogadora que coa selección galega logrou a Fase de Prata do...
Comentarios