sábado. 27.04.2024

Salvaterra renovará o alumeado cambiando 5.000 luminarias polas de tecnoloxía led

Este proxecto consiste na renovación das instalación de alumeado exterior no municipio, actuando nas case 5.000 luminarias existentes, que serán sustituidas por novas de tecnoloxía led que disporán de redución de nivel de iluminación mediante equipo multinivel para axustala según os diferentes horarios nocturnos e os diferentes tipos de vías, implantando tamén a telexestión.
As novas de tecnoloxía led disporán de redución de nivel de iluminación mediante equipo 
multinivel para axustala según os diferentes horarios nocturnos e os diferentes tipos de vías, implantando tamén a telexestión.
As novas de tecnoloxía led disporán de redución de nivel de iluminación mediante equipo multinivel para axustala según os diferentes horarios nocturnos e os diferentes tipos de vías, implantando tamén a telexestión.

O Ministerio para a Transición Ecológica e o Reto Demográfico ven de comunicar a concesión da axuda de máis de 2 millóns de euros para o cambio a led en todo o municipio, un proxecto singular de enerxía limpa financiado no marco do Programa de Rexeneración e Reto Demográfico do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PROGRAMA DUS 5000).

Este proxecto consiste na renovación das instalación de alumeado exterior no municipio, actuando nas case 5.000 luminarias existentes, que serán sustituidas por novas de tecnoloxía led que disporán de redución de nivel de iluminación mediante equipo multinivel para axustala según os diferentes horarios nocturnos e os diferentes tipos de vías, implantando tamén a telexestión. Ademais adecuaranse e renovaranse 75 cadros de mando asociados a ditas luminarias.

Con esta actuación disminuirase a potencia de 400,62 kw a 178,42kw e conseguirase un aforro enerxético estimado dun 56%.

Esta acción está enmarcada dentro do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible que o Concello aprobou na anterior lexislatura e que marca a liña de acción e traballo a curto, medio e longo prazo da administración local.

Salvaterra renovará o alumeado cambiando 5.000 luminarias polas de tecnoloxía led
Comentarios