martes. 27.09.2022

As obras de mellora de firme en Dextros van conseguir que a capa de rodadura actual sexa máis regular nun camiño de 336 metros de longo e dun ancho medio de 5 metros.

Para isto, realizase a rozadura e limpeza superficial do terreo con apertura de cunetas no terreo de tránsito en ámbalas marxes, barrido de firme e capa de rodadura realizada con mestura bituminosa en quente tipo AC16 SURF 50/70 S, de 5 centímetros de espesor.

Esta obra en Dextros relizaa o Concello de Salvaterra de Miño a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

304740543_7929810750426886_5052559969592171600_n
304740543_7929810750426886_5052559969592171600_n

Salvaterra mellora o firme en Dextros
Comentarios