jueves. 05.12.2024

Mos mellora a súa habitabiliade

A primeira fase da humanización, que foi a presentada hoxe, transcorre pola parroquia de Mos no tramo desde o cruce coa estrada nacional 550, no punto quilométrico 0+020, ata o cruce co colexio Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos, no punto quilométrico 0+600. Ademais desde o Concello destácase a importancia de que desde a administración provincial se aceptase a proposta municipal de recuperar tamén o antigo tramo da estrada provincial que transcorre por diante do Cristo da Esperanza e que vai desde a N500 ata a Pesqueira.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, la presidenta da Deputación, Carmela Silva (esq.), e a deputada Victoria Alonso (dta.).
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, la presidenta da Deputación, Carmela Silva (esq.), e a deputada Victoria Alonso (dta.).

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e a deputada provincial, Victoria Alonso, xunto coa alcaldesa, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, demais membros da Corporación Municipal e representantes da Comunidade de Montes de Mos e Fundación Pazo de Mos, estiveron presentes esta mañá no acto para presentar o proxecto de ‘Mellora da seguridade viaria e peonil da EP - 2601 Mos – Puxeiros’.

Para a acometida deste proxecto cóntase con convenio entre Deputación e Concello de Mos, que financiarán a obra en un 70% e 30% respectivamente.

O proxecto da segunda fase desta humanización, que beneficiará ao tramo que transcorre pola parroquia de Dornelas, atópase en proceso de redacción.

A primeira fase da humanización, que foi a presentada hoxe, transcorre pola parroquia de Mos no tramo desde o cruce coa estrada nacional 550, no punto quilométrico 0+020, ata o cruce co colexio Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos, no punto quilométrico 0+600. Ademais desde o Concello destácase a importancia de que desde a administración provincial se aceptase a proposta municipal de recuperar tamén o antigo tramo da estrada provincial que transcorre por diante do Cristo da Esperanza e que vai desde a N500 ata a Pesqueira.

Durante a presentación desta mañá anunciouse tamén que se atopa xa próximo o inicio da contratación da obra, pois está incluída no Plan Concellos 2022, cunha financiación ao 30% municipal e 70% provincial.

As accións que se levarán a cabo no vial son basicamente as seguintes: mellora da mobilidade peonil mediante creación da senda. Adaptación da drenaxe á nova aliñación proxectada. Execución dos servizos urbanos necesarios: soterramento de iluminación, rede eléctrica e de telecomunicacións. Execución do pavimento da nova ordenación utilizando xabre, formigón, lastra, baldosas e laxas de pedra. Reforzo do firme da calzada no vial municipal mediante fresado e reposición da capa de rodadura. Reinstalación da sinalización vertical e horizontal adaptada á nova ordenación do ámbito e instalación de mobiliario urbano.

A obra requerirá de actuacións previas e movemento de terras. Comezaranse os traballos coa retirada dos elementos de superficie: sinais e postes, para poder continuar posteriormente coa demolición dos pavimentos existentes que corresponda. Unha vez realizada a demolición dos pavimentos referidos, previo corte lonxitudinal con disco, e xerado o sobreancho necesario para a nova sección, procederase ao saneo do terreo mediante o caixeado necesario para poder executar posteriormente o novo paquete de firme deseñado. En canto á drenaxe, debido á solución proxectada será preciso adaptar a drenaxe superficial á nova aliñación do vial. A auga superficial será recollida pola reixas e sumidoiros contiguos ao viario que conducirán a auga, a través de tubaxes ata os puntos de vertedura.

Renovarase por completo a iluminación do vial, mediante o soterrado da liña e a instalación de novos puntos de luz con lámpadas led para mellorar a eficiencia enerxética da rede. A maiores, aprovéitase a actuación para executar a canalización dos servizos de electricidade e telecomunicacións.

O prazo de execución previsto para as obras é de seis meses.

O importe o que se refire a presente actuación ascende a un orzamento total de 446.545,39 €. Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras serán financiados pola Deputación de Pontevedra e Concello de Mos mediante a achega da Deputación de Pontevedra 312.581,77 € (70%) e Concello de Mos 133.963,62 € (30% do importe das obras).

O proxecto da segunda fase da humanización, que beneficiará ao tramo da estrada Puxeiros-Mos que transcorre pola parroquia de Dornelas, atópase en proceso de redacción por parte dos técnicos da Deputación.

Mos mellora a súa habitabiliade
Comentarios