jueves. 05.12.2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este luns na solemne procesión de San Telmo, en Tui. O mandatario provincial estivo presente no acto relixioso, que partiu desde a catedral de Tui, e tamén na posterior ofrenda floral e himno a San Telmo.

Coa participación nesta cerimonia, o presidente López amosa o compromiso do goberno provincial co apoio á celebración de festas patronais como a de San Telmo en Tui e o respecto polas tradicións e a cultura da provincia.

O presidente da Deputación de Pontevedra, nos actos da festividade de san Telmo en Tui
Comentarios