viernes. 26.04.2024

A EDAR de Guillarei acolleu hoxe a entrega dos premios da quinta edición do concurso de debuxo infantil impulsado polo Consorcio de Augas do Louro con motivo do Día Mundial da Auga, que desta vez xirou baixo o lema “AQUAL E ODS6, NO NOVO RETO AQUA-OLÍMPICO”. No mesmo participaron escolares de 3º e 4º de primaria dos catro concellos consorciados. 

O presidente do Consorcio de Augas do Louro e alcalde do Concello do Porriño, Alejandro Lorenzo, a alcaldesa de Salceda de Caselas, Verónica Tourón,  a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo e a concelleira de Tui, Ana María Núñez, fixeron entrega dos agasallos aos/as gañadores/as: unha tablet para os que se fixeron co primeiro posto en cada concello e un smartwatch para os segundos e terceiros. 

Os premiados este ano foron: 

SALCEDA DE CASELAS

1. Martín Díaz – CEIP Altamira

2. Juan Zamora – CEIP Altamira

3. Bruno Rocha  - CEIP Altamira

O PORRIÑO

1. Grecia Valentina Álvarez – CPR Plurilingüe Hermanos Quiroga

2. Alma Fernández - CPR Plurilingüe Hermanos Quiroga

3. Irene Fernández CPR Plurilingüe Hermanos Quiroga

MOS

1. Óscar Ucha – CEIP Atín Cela

2. Juan José González – CEIP Atín Cela

3. Isaac Nunes – CEIP Petelos

TUI

1. Evelyn Montero – CEIP Nº 2

2. Noa Fernández – CEIP Nº2

3. Hugo Álvarez – CEIP Pazos de Reis

Premiados polo Consorcio de Augas do Louro con motivo do Día Mundial da Auga
Comentarios