A
concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, informa que por mor do
Estado de Alarma polo COVID-19 as instalacións do punto limpo de Ponteareas
permanecerán pechadas cara ao público pero o servizo gratuíto de recollida de
enseres mantén a súa rutina de recollida semanal con normalidade.
Rosa
Covelo informa á cidadanía que cada xoves dende ás 21 horas e ata o venres ás
06 horas poderán ser depositados os enseres xunto aos contedores máis próximos
aos domicilios.
A
concelleira insiste en que é necesario realizar unha chamada previa ao número
de teléfono 986 640 307 para que o servizo de recollida de enseres organice a
súa ruta.
“Todos
e todas xuntas podemos ter unha vila máis limpa, saudable e agradable por iso
convida a toda a cidadanía a por en coñecemento das autoridades actitudes
incívicas que dañan o medio ambiente e molestan ao resto da veciñanza”.