sábado. 27.04.2024

O plan industrial de A Lomba tardará un ano e afecta a 144 propietarios

O goberno municipal confirma que Ponteareas contará co plan parcial de A Lomba no prazo dun ano, un plan industrial que permitirá dar resposta á necesidade de outorgar seguridade xurídica ao tecido empresarial da localidade e fomentar, á vez, a actividade económica.  
As autoridades deron resposta ás dúbidas dos 144 propietarios e propietarias dos terreos afectados o procedemento que se seguirá para que Ponteareas conte con plan industrial.

O Concello formaliza o contrato coa empresa que redacta o plan, Estudio Técnico Gallego SA, polo que “nun ano, Ponteareas contará cun plan industrial por primeira vez na súa historia”, segundo apunta a concelleira de Urbanismo, Silvia Fdez Táboas.

A pasada semana celebrouse no salón de plenos do Concello unha xuntanza á que acudiron a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, a concelleira de Urbanismo, Silvia Fdez Táboas, o edil de Facenda, Francisco Represas e a Directora Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia, Encarna Rivas para dar resposta ás dúbidas dos 144 propietarios e propietarias dos terreos afectados o procedemento que se seguirá para que Ponteareas conte con plan industrial.

Co plan parcial de A Lomba, “o obxectivo é potenciar e expandir as actividades económicas xa presentes na zona, permitindo o seu crecemento e a incorporación de novas industrias lixeiras e non contaminantes”, segundo apunta a alcaldesa, Nava Castro, quen insiste en que “a elaboración deste Plan vén a cubrir unha das grandes carencias coas que se aprobou o PXOM no anterior mandato, como é a ausencia de solo industrial para o asentamento de novas empresas”.

Trátase dun proxecto que “forma parte das liñas prioritarias do actual grupo de goberno para o actual mandato como é o fomento da actividade industrial e, por tanto, económica a través da posta en marcha de diferentes accións como a apertura do centro de emprendemento ou outras iniciativas que promovan o desenvolvemento urbanístico”, apuntou a rexedora.

O plan industrial de A Lomba tardará un ano e afecta a 144 propietarios
Comentarios