O Concello de Mos celebrou onte pola tarde, no salón principal da Casa do Concello, o sorteo final da campaña “Compra e Gaña en Mos”, unha iniciativa de apoio ao comercio local que volveu rexistrar unha alta participación. Nesta edición reuníronse arredor de 2.500 papeletas, resultado da implicación tanto da veciñanza como da rede de establecementos adheridos.
Entrega de premios o 6 de decembro
As persoas premiadas recibirán os seus vales de compra o sábado 6 de decembro ás 12:00 horas, coincidindo coa inauguración da III Edición do Mercado Aberto Queda en Mos, un evento xa consolidado que pretende dinamizar e dar visibilidade ao comercio de proximidade. A xornada coincidirá tamén co acendido oficial do Nadal no municipio.
Os premios concedidos son os seguintes:
-
1 vale de 200 €
-
1 vale de 100 €
-
4 vales de 50 €
Todos eles poderán empregarse nos establecementos adheridos á campaña.
Comercios participantes
Un total de 24 negocios locais sumáronse á iniciativa, reforzando o compromiso colectivo coa economía de proximidade. Foron os seguintes:
Librería Arte y Ciencia, La Despensa de María, Ferretería Mos, Irmáns Gallego, Floristería Flor de Loto, Floristería Lola, Agro Campo, Pescadería Peinador, Deportes González, Eva Varela, Uxía Zen, Rincón de Ana, Textil Pereira, Naturopatía Saluz, Muebles Soliño, Artesa, Almacenes Celso, Elsa Pereira, Equipemos, Pais Automoción, Bo Camiño, Editorial Edimaes, Alimentación Lola e Kenguru.
Agradecemento do Concello
O Concello de Mos destacou a importancia desta campaña para impulsar o comercio local e agradeceu tanto a colaboración dos establecementos como a participación activa da cidadanía. A celebración do Mercado Aberto Queda en Mos, xunto co acendido de Nadal, converterase este sábado nunha oportunidade perfecta para apoiar o comercio de proximidade e desfrutar dun ambiente festivo no municipio.
