sábado. 07.12.2024

A I Ruta Pinchoterra de Salvaterra de Miño chega ó seu fin coa entrega de premios e sorteo que tivo lugar este pasado luns no Salón de Plenos do Concello de Salvaterra de Miño. No sorteo no que estiveron presentes hostaleiros e público en xeral fíxose o reconto dos votos para nomear ós mellores pinchos.

Recordamos que durante o mes de abril, nos catro venres nos que ó público tivo a oportunidade de probar os pinchos, consumíronse máis de 12.500 entre os 26 locais participantes. Como resultado da votación, o mellor pincho da I Ruta Pinchoterra foi para Muxicas Taberna en Grixó, o segundo mellor pincho para Taskatenda en Salvaterra e o terceiro para Casa Mariano en Fiolledo.

Ademais fíxose o sorteo dos 37 premios cos que contou a iniciativa, 26 premios que aportaron os establecementos participantes, 10 Bonos para o Espazo Termal de Teáns Oleiros e un primeiro premio de 260 euros para consumir nos locais que participaron na ruta.

O gañadores dos sorteos da ruta serán contactados para recoller os seus respectivos premios.

O mellor pincho da I Ruta Pinchoterra, Muxicas Taberna en Grixó
Comentarios