jueves. 20.06.2024

Marcha nórdica sobre Celeiros

O Concello de Ponteareas organiza esta fin de semana unha nova ruta de marcha nórdica ao abeiro do ciclo de actividades para dar a coñecer esta disciplina no municipio, no que participaron máis de 60 persoas neste primeiros cinco meses do ano. Un programa de actividades "deseñado para promover un estilo de vida saudábel e ofrecendo á veciñanza unha ferramenta sinxela e ao alcance de todas as persoas que pode axudar a cambiar hábitos e levar unha vida menos sedentaria”, explica a alcaldesa, Cristina Fernández.
ARQUIVO.

A vindeira ruta será este sábado 27 de maio polo monte de Celeiros, un roteiro circular de 7,5 quilómetros e dificultade moderada por superficie natural que comezará ás 19.00 horas. As persoas interesadas en participar deberán estar ás 18.45 horas no punto de encontro, no Circuíto Motocross Taboexa. A saída está aberta a todas as persoas que participaron na parte técnica e a aquelas que teñen unhas nocións básicas de marcha nórdica e contan cos seus propios bastóns.

Trátase dunha iniciativa deportiva apta para todas as idades na que xa participaron veciños e veciñas dende os 20 anos ata os 70. Neste primeiro semestre do ano celebráronse dúas xornadas técnicas, unha en febreiro en Xinzo e outra en abril en Prado, que contaron con máis de 30 participantes. Ademais, no que vai de ano xa se realizaron oito rutas diferentes pola Freixa, Xinzo, Angoares, A Picaraña, Prado, Areas e, agora, Celeiros.

A alcaldesa convida a toda a veciñanza a participar nesta nova saída e desfrutar da experiencia da marcha nórdica e de futuras actividades que buscan fomentar un estilo de vida saudábel, como as dúas novas rutas programadas xa para o vindeiro mes de xuño.

Marcha nórdica sobre Celeiros
Comentarios