lunes. 27.03.2023
O día 30 de outubro, na área recreativa Muiño da Ponte, en Corzáns

Festa da esfollada e recolleita do millo

Será un día cargado de actividades, as 11.30 comezará a recolleita e a esfollada do millo acompañados do grupo Naiama. A sesión vermut virá amenizada polo grupo Pédëpôte; Ademais, ao igual que en anteriores edicións a asociación ofrecerá unha serie de manxares aptos para todos os públicos.

A asociación cultural Quinta do Piñeiro, vai celebrar o vindeiro día 30 de outubro unha nova edición da Festa da esfollada e recolleita do millo na área recreativa Muiño da Ponte, en Corzáns (Salvaterra de Miño).

Será un día cargado de actividades, as 11.30 comezará a recolleita e a esfollada do millo acompañados do grupo Naiama. A sesión vermut virá amenizada polo grupo Pédëpôte; Ademais, ao igual que en anteriores edicións a asociación ofrecerá unha serie de manxares aptos para todos os públicos.

Xa na parte da tarde, os mais cativos serán os principais protagonistas xa que contarán con animación infantil ao mesmo tempo que o grupo Naiama volverá a tocar outra vez. Unha vez finalizada a actuación de Naiama, Romer dará unha charla con demostración sobre o funcionamento dos muiños. Para finalizar un día de troula, Son das tabernas volverán a poñer o broche final a un día cheo de troula, así mesmo dende a Asociación faran un magosto con castañas gratis para todos os asistentes e Romer rematará a festa con unha queimada e un conxuro.

Por todo iso, os membros da asociación cultural quinta do Piñeiro animan a todas as persoas a pasar un domingo de troula e tradición con eles. A XIV festa da sementeira, celebrada no mes de maio, acudiron mais de 10.000 persoas durante toda a fin de semana, di a organización. .

Festa da esfollada e recolleita do millo
Comentarios