miércoles. 24.04.2024

O Porriño acolle a o II Ciclo de teatro amador Feteagal, organizado polo Concello do Porriño e a Federación Teatral Afeccionada de Galicia en colaboración con Escena Amateur,  con varias representacións programadas entre agosto e outubro nas que se poderá disfrutar de varios grupos galegos e de ámbito nacional.

A actuación que abre o certame teatral correrá a cargo de Coles Teatro, que representará “Pepa Loba” o xoves 11 de agosto, ás 23 h no parque Alameda (Avda. de Galicia). O venres 12, á mesma hora, no parque do Sol, Metástase Teatro presentará “Escola de Vaqueiras”.

As seguintes citas serán, o sábado 20 de agosto, ás 22h no barrio de San Benito, con “Tantos Anos de Silencio” de Esteta Teatro e o  domingo 21 á mesma hora no parque do Cristo Oreteiro Teatro presentará Arritmia.

'Escola de Vaqueiras'
Comentarios