jueves. 18.04.2024

Trece comparsas

participarán o próximo martes, 25 de febreiro, festivo local en Tui, no Desfile

Concurso de Entroido organizado polo Concello de Tui a través da Concellería de

Cultura.

Cinco das trece

comparsas participantes son de Tui e dúas chegan dende Salceda. Tamén está

inscritas agrupacións de Tomiño, Redondela, O Porriño, Nigrán, Gondomar, e

Arbo.  Catro das trece comparsas rexistradas

son de fantasía.

A representación

local virá man das comparsas tudenses Cantos Somos; Arume de Malvas; Lembranzas

da Terra de Guillarei, Entroido de Pexegueiro e da Comisión de Festas de Nosa

Señora da Guía de Randufe.

Doutros municipios

chegarán ao Entroido tudense as comparsas Borralliño de Soutelo i En Loureiro

como Sempre da Picoña, ambas de Salceda; Luces de Tomiño;  Terra de Condes de Redondela; asociación

cultural de Pontellas do Porriño; Parada do Miñor de Nigrán; O Millor de Cada

Casa de Vincios de Gondomar e Barca de Loimil de Arbo.

En conxunto serán

888 persoas desfilando con 18 carrozas e 59 músicos no circuíto establecido

polas rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense, A Guarda

e Mondoñedo.

Neste concurso

repartiranse 5.600 euros e trofeos nos 18 premios establecidos en catro categorías: xeral, carroza,

acompañamento musical e fantasía. As comparsas recibirán amais un total de 6.500 euros en concepto de

compensación económica pola súa participación neste evento.

O xurado,

formado por 6 membros de asociacións tudenses, 4 cidadáns tudense, e 2 traballadores

municipais, e presidido pola concelleira de Cultura, terá en conta na súa

valoración o número de participantes, a actualidade da temática elixida, a parodia

de temas locais, o vestiario, o acompañamento musical e a carroza, así coma o

vestiario e a coreografía das que opten ao premio de fantasía.  

Mentres o xurado

delibera actuará o grupo Aramio, que continuará amenizando musicalmente a tarde

tras a entrega dos premios.

En caso de choiva

o desfile aprazaríase para o sábado 29 de febreiro. O Entroido pecharase en Tui

o domingo 1 de marzo co Enterro do Bacallau.

TRÁFICO

Debido á celebración

do Desfile Concurso de Entroido o martes 25 de 14 a 21 h estarán pechadas ao

tráfico e ao estacionamento as rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns

Maristas, Ourense, A Guarda e Mondoñedo. Amais o tramo da rúa Ourense

comprendido entre a rúa Maristas e a rúa Compostela estará pechada ao tráfico e

non se poderá estacionar dende ás 10 h da mañá do martes 25 até ás 2 h da

madrugada do mércores 26.

Debido á

celebración do desfile as paradas do autobús situadas na rúa Ourense o martes

de 12 a 00 h realizaranse no Paseo da Corredoira.

El martes festivo tudense con desfile concurso de Entroido