jueves. 28.03.2024

Dous representantes ponteareáns na Mostra Musical do Eixo Atlántico

Con esta mostra musical o Eixo Atlántico ten por obxectivo recoñecer, promover, premiar e difundir a práctica da música, apoiando a aquelas e aqueles intérpretes que polo seu valor e interese poidan contribuír á difusión do gusto pola música en Galicia e no norte de Portugal, favorecendo a innovación, a calidade, a interacción e a renovación no panorama musical no territorio do Eixo Atlántico. 
O alumno Zeus Alfaya Fontán e o profesor Serguei Maximov.
O alumno Zeus Alfaya Fontán e o profesor Serguei Maximov.

Ponteareas contará con dous representantes na VII Mostra Musical do Eixo Atlántico, que reunirá a 39 intérpretes e 8 agrupacións dunha vintena de concellos esta fin de semana en Ferrol. Os alumnos do Conservatorio Municipal de Música ponteareán Zeus Alfaya Fontán, co violín, e Pablo Rodríguez Represas, co bombardino, participarán neste encontro, ao que irán acompañado polo profesor responsable Serguei Maximov.

Con esta mostra musical o Eixo Atlántico ten por obxectivo recoñecer, promover, premiar e difundir a práctica da música, apoiando a aquelas e aqueles intérpretes que polo seu valor e interese poidan contribuír á difusión do gusto pola música en Galicia e no norte de Portugal, favorecendo a innovación, a calidade, a interacción e a renovación no panorama musical no territorio do Eixo Atlántico. Nela participa estudantado das Escolas Municipais de Música ou Conservatorios Profesionais galegos e Escolas Profesionais e Conservatorios lusos.

As actuacións terán lugar no auditorio e no Conservatorio de Música Xan Viaño e rematarán o vindeiro domingo 15 de maio coa entrega de premios e a gala de clausura, que renderá unha homenaxe á compositora portuguesa Isabel Soveral.

A alcaldesa e concelleira de Ensino, Cristina Fernández Davila, desexa moita sorte a Zeus e Pablo nesta Mostra Musical, “na que seguro que deixan o nome de Ponteareas moi alto coas súas interpretacións”. 

Dous representantes ponteareáns na Mostra Musical do Eixo Atlántico
Comentarios