viernes. 19.08.2022

Danijay, Mari Ferrari, Jose am, Dj Charilie, Yardel e djjossi, en O Son da Muralla

Un espectáculo de luz e son  referente en toda a xeografía galega e do norte de Portugal, que reunirá a máis de 10.000 persoas. Música dance e electrónica envolverán  as murallas de Salvaterra a partires das 23.00h, con entrada totalmente gratuíta.
Danijay.
Danijay.

Este sábado 6 de agosto terá lugar no Recinto Amurallado de Salvaterra de Miño a 19  Edición de O Son da Muralla,  que terá como protagonistas a Danijay, Mari Ferrari, Jose am, Dj Charilie, Yardel e djjossi.

Un espectáculo de luz e son  referente en toda a xeografía galega e do norte de Portugal, que reunirá a máis de 10.000 persoas. Música dance e electrónica envolverán  as murallas de Salvaterra a partires das 23.00h, con entrada totalmente gratuíta.

Un espectáculo que conta cun importante equipo de luz, son e animación. Máis de 66.000 vatios de son e 70.000 de luz que fan do Son da Muralla un espectáculo único.

Comentarios