domingo. 21.04.2024

Teatro clásico, cinema, e monicreques centran as actividades que estes días se desenvolven no Teatro Municipal no edificio Francisco Sánchez dirixidas ao alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria.

O Concello de Tui, da man da Concellería de Ensino, Mocidade e Cultura ven de realizar diferentes actividades para os escolares dende este pasado martes día 20 até o próximo martes día 27.

Así este martes, 20 de febreiro, en colaboración coa Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos. O teatro tudense foi, por terceiro ano, unha das sedes do Festival Grecolatino acollendo a representación de "Antígona" de Sófocles e "Mostelaria" de Plauto polo grupo Corzos Reunidos ás que asistiron máis de mil estudantes de Secundaria non só de centros educativos de Tui senón tamén doutros puntos de Galicia.

Onte xoves a cita formou parte do programa conmemorativo do Día de Rosalía co que se busca “achegar á sociedade tudense e a mocidade á muller , á poeta, á galeguista, á defensora das inxusticias e á que nos abriu camiño a todas e todos os galegos” como explicaba a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente. En concretou tratouse da proxección da curtametraxe “A rosa incandescente” dirixida a alumnado dos IES San Paio, Indalecio Pérez Tizón, Seminario  Menor e Colexio Maristas  no que se contou coa presenza da súa guionista e produtora Anxos G.Fonte.

O próximo martes, 27 de febreiro, o Teatro Municipal acollerá, en colaboración cos centros educativos, a representación do espectáculo “Titiricircus” da man de Tanxarina. Novamente completarase o aforo deste espazo, nas dúas funcións previstas ás 10 e ás 12 h, co alumnado do CRA Mestra Clara Torres, os CEIP’s Nº1, Nº2, Caldelas, Guillarei, Rebordáns e Randufe.

A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, destaca coma ao longo destes días son preto de 2000 escolares os participan no Teatro Municipal nas actividades programadas.

Cultura de la buena para los escolares tudenses
Comentarios