viernes. 29.03.2024

Concerto tudense do Día de Galicia

O programa do concerto dividirase en dous bloques, cunha duración de 45 minutos en cada un deles. Abrirán a actuación coa Marcha dos Matos, a Foliada para Olivia, Caraveliños, a Rapsodia Portuguesa, Nace unha estrela e Tradición. Na segunda parte, contarán coa colaboración da cantante tomiñesa Lara Villaverde para interpretar Lela. Logo tocarán The Final Countdown, Pichón, Festa Pagana, Chiquitita, Life is life e O Compás da Muiñeira.
Banda de Gaitas San Xoán de Paramos.
Banda de Gaitas San Xoán de Paramos.

A banda de gaitas de San Xoán de Paramos actuará este domingo, 24 de xullo, no Paseo Fluvial nun concerto moi especial polo Día de Galicia. Dende as 22.15 horas da noite, interpretarán pezas de distintos xéneros, mesturando música tradicional e moderna, nunha actuación moi agardada e que fará as delicias do público.

O programa do concerto dividirase en dous bloques, cunha duración de 45 minutos en cada un deles. Abrirán a actuación coa Marcha dos Matos, a Foliada para Olivia, Caraveliños, a Rapsodia Portuguesa, Nace unha estrela e Tradición. Na segunda parte, contarán coa colaboración da cantante tomiñesa Lara Villaverde para interpretar Lela. Logo tocarán The Final Countdown, Pichón, Festa Pagana, Chiquitita, Life is life e O Compás da Muiñeira.

Un repertorio moi variado que reflicte o gran crecemento que experimentou esta banda de gaitas dende a súa fundación no 2007 no Centro Cultural de Laxes baixo a dirección de José Manuel Caballero. Dende 2008 ata a actualidade actuou por toda España, con especial fincapé na comarca do Baixo Miño, Tui e o norte de Portugal pero tamén expandindo a súa música a Europa ou mesmo aos Estados Unidos.

Precisamente alí tocaba esta agrupación tudense logo de ser convidada para participar no desfile do día de San Patricio -o Día de Irlanda- en Nova York. Deste xeito, o pasado 17 de marzo a banda de San Xoán de Paramos percorreu a Quinta Avenida da cidade neoyorquina coa súa música tradicional galega e os arranxos de temas contemporáneos. Non foi o único lugar da urbe norteamericana que viviu a música da agrupación, que pechou concertos nas prazas de Times Square e Washington Square, no Centro Galego de Nova York, no Centro Español de Queens e tamén participou noutro desfile da comunidade irlandesa de Nova Jersey.

A banda de gaitas de Paramos está na actualidade formada por 70 compoñentes e conta cunha numerosa canteira na súa escola, un proxecto indispensable que nutre a agrupación, e na que os alumnos e alumnas reciben formación de linguaxe musical, gaita e percusión tradicional.

O concerto de mañá domingo no Paseo Fluvial está organizado polo Concello de Tui dentro da programación do verán cultural.

Concerto tudense do Día de Galicia
Comentarios