martes. 23.04.2024

A recreación das festas

de San Bartolomeu do ano 1978 realizado pola comparsa Cantos Somos é a gañadora

do desfile concurso de Entroido en Tui. 

Unha comparsa que levou tamén o primeiro premio en acompañamento musical

pola súa emulación da orquestra Iberia. Amais as carrozas que presentaron coa igrexa,

o palco e o cruceiro de San Bartolomeu, e outros elementos da parroquia,

valeulles o terceiro premio en carrozas.

A estrea da película

Aladdin foi o tema elixido pola comparsa da Asociación Entroido de Pexegueiro que

foi a gañadora en carrozas coa súa creación dunha lámpada co xenio. Amais foron

os segundos na categoría absoluta e tamén en acompañamento musical.

O terceiro premio

na categoría xeral foi para “Picoña por España” da Asociación Cultural En

Loureiro Coma Sempre de Salceda que gañou tamén o segundo premio en carrozas.

O premio na

categoría de Fantasía foi Terra de Condes de Redondela cunha recreación inspirada

no fondo mariño.

Miles de persoas

ateigaron hoxe as rúas de Tui para presenciaron o desfile concurso no que

participaron finalmente un total de 12 comparsas.

Premios

categoría absoluta

  1. Cantos Somos Festas de San Bartolomé 1978 da

    Charanga Cantos Somos

  2. Gran Estreno Aladdin Pexegueiro da Asociación

    Entroido De Pexegueiro

  3. Picoña Por España da Asociación Cultural En

    Loureiro Como Sempre de Salceda

  4. O Cabaleiro Das Rotondas – As Dúas Torres da

    Asociación Cultural e Recreativa Arume de Malvas

  5. Comparsa O Borralliño-Soutelo da Asociación

    Cultural Borralliño-Soutelo

  6. A Raíña Da Noite da Asociación O Millor de

    Cada Casa de Vincios

  7. Comparsa Terra de Condes da Asociación

    Comparsa Terra De Condes

Premios Carrozas

  1. Gran Estreno Aladdin Pexegueiro da Asociación

    Entroido De Pexegueiro

  2. Picoña Por España da Asociación Cultural En

    Loureiro Como Sempre de Salceda

  3. Cantos Somos Festas de San Bartolomé 1978 da

    Charanga Cantos Somos

  4. A Raíña Da Noite da Asociación O Millor de

    Cada Casa de Vincios

  5. Comparsa O Borralliño-Soutelo da Asociación

    Cultural Borralliño-Soutelo

  6. Comparsa Terra De Condes da Asociación Comparsa

    Terra De Condes

Premios

Acompañamento Musical

  1. Cantos Somos Festas de San Bartolomé 1978 da

    Charanga Cantos Somos

  2. Gran Estreno Aladdin Pexegueiro da Asociación

    Entroido De Pexegueiro

  3. O Antigo Exipto De Tui (Os Faraóns De Tui) da

    Asociación Cultural Lembranzas Da Terra De Guillarei

  4. O Cabaleiro Das Rotondas – As Dúas Torres da

    Asociación Cultural e Recreativa Arume de Malvas

Premios

Comparsas Fantasía

  1. Comparsa Terra De Condes da Asociación Comparsa

    Terra De Condes

Cantos Somos gaña no Entroido de Tui cunha recreación das festas de San Bartolomeu de 1978