viernes. 29.03.2024

'Cantarelas' é o título do concerto que Leilía ofrecerá mañá domingo, ás 22.30 h, na rúa Compostela en Tui, dentro do programación “Volvemos á rúa”.

En 1989, as integrantes de Leilía - Ana Rodríguez, Rosario Rodríguez, Montse Rivera, Felisa Segade, Patricia Segade e Mercedes Rodríguez - apostaron  por recuperar a tradición oral galega ao son das pandeiretas. Incorporaron despois instrumentos e polifonías non tradicionais, dando continuidade ao pasado a través do presente.  

Trinta anos despois fan un repaso polos seus temas máis emblemáticos coma “I é verdade, i é mentira”, con outros menos coñecidos, pechando así un círculo entre a orixe a actualidade, pasando polas diferentes sonoridades do grupo. Trátase dun percorrido musical pola historia de Leilía.  

Leilía.

A reserva de entradas, de forma gratuíta, pode realizarse até mañá domingo ás 12 h, ou até esgotar a disponibilidade, en enterticket.es. Poderán asistir ao concerto 300 persoas sentadas e 150 persoas de pé.

Previamente ás 21.30 h na rúa Compostela actuará Kote Malabar co espectáculo de rúa “Cirkote”.

Debido á celebración deste evento o domingo dende a mañá non se poderá estacionar nin circular no tramo da rúa Compostela entre a rúa Betanzos e a rúa Ourense.

Cantarelas, Leilía en concerto