viernes. 07.11.2025

A Cabra Chiña chega á Biblioteca de Tui para ensinar emocións aos máis pequenos

A Biblioteca Municipal de Tui celebra mañá a actividade "Estás como unha cabra", un contacontos para bebés de Lala Teatro que empregará xogos e música para axudarlles a recoñecer as súas emocións.
Os máis pequenos aprenderán a xestionar as súas emocións con Lala Teatro na sesión de contacontos “Estás como unha cabra” que acollerá mañá a Biblioteca Municipal de Tui.
Os máis pequenos aprenderán a xestionar as súas emocións con Lala Teatro na sesión de contacontos “Estás como unha cabra” que acollerá mañá a Biblioteca Municipal de Tui.

A Biblioteca Municipal de Tui continúa coa celebración do seu “Mes da Biblioteca” cunha nova actividade de animación á lectura dirixida aos máis cativos. Mañá, martes 14 de outubro, ás 17:30 horas, terá lugar a sesión de contacontos para bebés titulada “Estás como unha cabra”, a cargo da compañía Lala Teatro con Noelia Porto.

Nesta divertida sesión, os asistentes coñecerán á Cabra Chiña, que atravesa uns días de confusión emocional. O obxectivo da actividade é axudar aos bebés e ás súas familias a identificar e ordenar as emocións (tristeza, alegría, calma, medo) a través de xogos, estímulos sensoriais, contos e música.

A concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente Solla, salientou que con esta proposta a Biblioteca Municipal reforza a súa oferta de promoción da lectura pública. Esta actividade enmárcase nunha programación especial que se estenderá ao longo de todo o mes de outubro, cando se celebra o vindeiro día 24 o “Día da Biblioteca”, ofrecendo ata nove iniciativas diversas para todos os usuarios e a cidadanía en xeral.

A Cabra Chiña chega á Biblioteca de Tui para ensinar emocións aos máis pequenos
Comentarios